Skip to Content

A ODISEA CONTADA AOS NENOS

Autora:  Rosa Navarro Durán

Ilustracións: Francesc Rovira

Editorial: Rodeira

Signatura de biblioteca de Miraflores: LX NAV odi

Data de primeira edición: Setembro do 2008

Nº de páxinas: 214 páxinas

Tempo aproximado de lectura: 3 horas

Puntuación: Un 10.

1.-Elixín este libro:

Elixín este libro porque sempre me gustaron moito as historias da mitoloxía que dende pequeniño me contaba o meu avó, que estudou Filosofía e letras,  e a miña nai.

2.-Tipo de obra:

É unha obra de aventuras que conta as epopeas do heroe grego Ulíses.

3.-Trata de :

Conta a historia do heroe grego Ulises que despois de loitar na guerra de Troia retorna a súa casa, Ítaca para reunirse coa súa muller, Penélope, e o seu fillo Telémaco. Sen embargo, atópase con moitos obstáculos que lle impiden cumprir o seu propósito. Coa axuda da súa astucia e da deusa Atenea conseguirá reunirse coa súa familia, aínda que pasan moitos anos e moitas desgrazas no camiño.

4.- O que máis me gustou do libro:

 

O que máis me gustou do libro son todas as aventuras que ten que superar Ulises para regresar coa súa familia. Concretamente a historia do ciclope Polifemo que encerra ao heroe xunto cuns compañeiros nunha caverna e a quen vai devorando; para escapar Ulises utiliza a súa astucia camuflándose baixo as ovellas do xigante.  Tamén me encanta cando aparecen os deuses, como Atenea ou Zeus ,que cos seus raios destrúe a nave de Ulises.

Breixo 



page | by Dr. Radut