Skip to Content

20000 leguas de Verne a Vigo

Título: 20000 leguas de Verne a Vigo.

Autor: Eduardo Rolland.

Editorial: Lobito bueno.

Signatura: Galego R.4123.

Primeira edición: Setembro de 2016.

Nota: 10.

Número de páxinas: 47 páxinas en 5 capítulos.

Tempo aproximado de lectura: 50 minutos.

Elixín este libro porque: porque a súa portada e o seu resumo foron moi interesantes e me chamaron moito a atención, xa que é un libro baseado en 20000 leguas debaixo dos mares, de Verne. 

É unha obra de: historia, fantasía e aventuras.

Trata de: Trata de que o capitán Nemo e os seus compañeiros, o profesor Aronnax, Ned Land e Conseil, van recordando as aventuras de cando viaxaron a Vigo no Nautilus, por causa do seu creador Jules Verne.

Ademais tamén recordarán a lendaria batalla de Rande, onde afundiron os galeóns cheos de prata, e as visitas do seu creador a Vigo.

O que máis me gustou: foi cando falaron sobre a batalla de Rande, e cando mostran as estratrexias  daquela batalla.

 

Recomendo: Recomendo este libro a aqueles que lles guste a historia e os libros de Jules Verne. 



page | by Dr. Radut