REMATE DAS VISITAS Á TERRA CHÁ CON 1º ESO C
O martes, 13 de novembro, o grupo de 1ESO C chegou á sede da Fundación Manuel María nun día típico do outono chairego. Despois da visita guiada pola casa e de levar flores ao cemiterio recitaron os poemas elixidos de Os soños na gaiola. O recitado rematou coa interpretación de Galicia docemente, musicada por Suso Baamonde e O carro, musicada por Baldomero Iglesias, que é a canción preferida da clase. Fixeron unha pequena ruta ata a carballeira de Santa Isabel onde viron o carballo que plantara Manuel María ao lado do monumento que lle dedicou a AELG. Despois de xantar achegáronse á Lagoa de Cospeito e puideron descubrir as pegadas dalgúns mamíferos que alí viven.
Rematamos as nosas visitas á Terra Chá de Manuel María. Damos as grazas ao concello de Oleiros pola organización destas saídas; a Antón, o guía da Casamuseo, e a Nati, Fran e Marta os monitores que nos acompañaron.