Skip to Content

1º ESO B VISITA EN OUTEIRO DE REI A CASA DE MANUEL MARÍA

Este martes, 6 de novembro, foron os alumnos e alumnas  de 1ESO B os que se desprazaron a Outerio de Rei para coñecer a Casa de Hortas, a Casamuseo de Manuel María. Despois de faceren un percorrido polos cuartos da casa, atentos ás explicacións do guía, Antón, puideron recitar os poemas que elixiran de Os soños na gaiola, presentados por Ainhoa, no pequeno auditorio da Palleira. Ademais, tiveron a sorte de poder cantar O carro, O aradiño e Galicia docemente co acompañamento da nosa pandereteira Antía.
Como o grupo anterior, foron ao cemiterio a levarlle rosas en sinal de respecto, e recitar uns poemas. Na Carballeira de Santa Isabel seguiu a música, nesta volta o noso gaiteiro foi Fran, que nos fixo cantar O carro.  Por último queremos agradecer ao concello de Cospeito que abrise o Museo das Aves e o Centro de interpretación da Lagoa de Cospeito para facilitarnos que coñecésemos mellor a terra que poetizou Manuel María.



blog | by Dr. Radut