Skip to Content

ACTUACIÓN DE M.J PÉREZ NO IES MIRAFLORES PARA 4ºESO

O pasado mércores 26 de setembro, o  alumnado de 4º ESO asistíu no salón de actos á actuación dunha das voces máis destacadas do panorama galego actual: M.J PÉREZ

Ademais de facernos partícipes das súas experiencias como creadora audiovisual e cantautora, deleitarnos con alguna canción e visionado dos seus próximos vídeos…tamén motivou ao alumnado no uso e fomento do galego na súa vida cotiá e especialmente na rede.

A actividade estaba organizada polo departamento de Dinamización Lingüística do IES Miraflores e pola Deputación  de A Coruña e Urdime Comunicación Audiovisual, dentro das xornadas “ O galego, a miña lingua propia”.

 

 

 



blog | by Dr. Radut