Skip to Content

SENDEIRISMO MONTE XALO.

No mes de marzo os grupos de 1º ESO realizaron unha excursión polo Monte Xalo, organizada e subvencionada polo concello de Oleiros. Comezaron nunha zona próxima ao cumio e despois de visitar a zona de escalada do Petón e contemplar as vistas de toda a Costa Ártabra desde o miradoiro, foron camiñando até a Torre de Celas, un percorrido en descenso de aproximadamente 5 km.

Durante a excursión os guías explicáronlles diversas cuestión relativas ao valor biolóxico, paisaxístico, etnográfico e arqueolóxico deste monte, que forma parte do espazo protexido da Reserva da Biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo. Ao longo da mañá puideron observar as diferentes especies vexetais abundantes no Monte Xalo, escoitar os cantos dos paxaros, poñer en práctica os hábitos positivos para a conservación da natureza e coñecer os muíños de río no Rego das Xesteiras.



blog | by Dr. Radut