Skip to Content

ERASMUS +: VIAXE A CHIPRE.

Do 14 ao 21 de abril catro estudantes de 3º da ESO (María Gómez, Celtia Río, Antía Rodríguez e Pedro Vila) e dúas profesoras do Departamento de Inglés (Nuria Bello e Lucía Cociña) estiveron en Limassol, cidade situada ao sur de Chipre, como parte do programa Erasmus +.

Durante a semana os nosos estudantes realizaron unha grande variedade de actividades organizadas polo centro educativo L.I.T.C e acompañados por alumnado procedente de Italia, Hungría, Portugal e Chipre. Visitaron diferentes lugares, por exemplo as ruinas de Kourion, distintas fábricas de elaboración de aceite de oliva, de marmeladas de froita e de queixo típico da illa chamado Halloumi, e as vilas de Arsos e Omodos. Na primeira viron o proceso de fabricación de doces tradicionais chipriotas de zume de uva e froitos secos chamados shoushouko e na segunda fomos a unha bodega de viño nas montañas. Tamén fixemos sendeirismo pola ruta Kalidonia e vimos unha fervenza impresionante.

Ademais de turismo gastronómico e histórico-cultural, os nosos estudantes practicaron a destreza oral da lingua inglesa e fixeron unha presentación para dar a coñecer Oleiros ao resto de alumnado e profesorado. Todos nos felicitaron polo traballo realizado así que voltamos a Galicia moi ledos e con moitas anécdotas que contar. Sen dúbida ningunha, foi unha experiencia intercultural inesquecible chea de momentos de risas e emocións.



blog | by Dr. Radut