VISITA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO
O pasado xoves, 8 de febrero, o Departamento de Orientación organizou para o alumnado de 2º de Bacharelato unha saída á Universidade de Santiago de Compostela, dentro do Programa A Ponte e no marco do Plan de Orientación Académico-Profesional. A primeira hora da mañán realizamos un percorrido polas facultades que cada alumno estaba interesado en visitar. Con posterioridade, tivemos a oportunidade de xantar nun comedor universitario e de falar con alumnos que están en diferentes modalidades de aloxamento: piso compartido, colexio maior e residencia universitaria. Respecto desta última modalidade visitamos as instalación de Monte da Condesa. O alumnado valorou positivamente os encontros cos nosos exalumnos pero, en especial, a charla que tivemos no Centro Superior de Hostelería durante a tarde. Da mán de exalumnos e representantes do centro, coñecimos toda a súa oferta educativa e as saídas laborais da mesma.