Skip to Content

RECEITAS TERRORÍFICAS

Cociñaron para nós e temos que darlle as grazas. Que saborosas sobremesas!

Este ano a rapazada do IES Miraflores implicouse moito na redacción de receitas: MINI CABAZAS DE NOA BARRAL, BRAZO DA MORTE DE IRENE GARCÍA, DEDOS DE BRUXA,,CHULAS DE CABAZA,, BISCOITOS DE CABAZA,GALLETAS ARAÑA... pero se hai unha clase que destacou sobre as demais porque ademais trouxo algunhas delas para degustar, 3 ESOC. Seguro que as súas familias tamén se implicaron para que puidésemos desfrutar dun recreo tan doce. Grazas, familias!

As chulas de Gema, feitas coa receita da súa avoa desapareceron nuns intres, incluso moitas quedamos coas ganas de probalas. Para que despois digan que á xuventude non valora os pratos tradicionais. Vaia se lles gustaron.

Ademais, Gema tamén nos trouxo un espectacular camposanto no que non faltaban as árbores sinistras, iso si de saboroso chocolate, as pantasmas deliciosas e as lápidas de galleta. Un gusto para a vista e para a boca. Daba mágoa devorar unha escultura tan elaborada. Pero devorámola sen piedade.

Daniela retounos a probar un prato cun aspecto repugnante, nada menos que tortas que parecen cranios abertos non que se ve o cerebro, os miolos cheos de sangue. Unha delicia.

Emma preparou unha das súas recitas favoritas, que cos mesmos ingredientes pode adaptarse a diferentes celebracións. Desta vez, polo Samaín, unha enorme cabaza, da que non quedou nin o seu sorriso. Podedes ver como a cociña no vídeo que nos enviou para o concurso. Grazas, Emma!

Raziel  de 1 BAC agasallounos cun prato típico venezolano. Para quen non se resista ao coco e para quen goste de probar sabores novos tedes a receita que se xunta a este artigo. Seguro que a faremos.

  

“Non é de tradición da miña familia celebrar o Samaín nin Halloween, mais cando hai festividades, comemos doces tradicionais de Venezuela. Neste caso falamos do Majarete, unha comida precolombiana orixinaria dos indíxenas do caribe.

Receita: • Ingredientes: • Millo natural (ou fariña de millo). • Leite. • Crema ou leite de coco. • Azucre. • Canela. • Cravo de olor. • Anís.

 

Ás medidas son 1K de millo, medio litro de leite, 250 gramos de azucre e o resto ao gusto de cada. Proceso: Collese o millo e ponse a cociñar en auga a alto fogo ata que quede o suficiente mente suave como para facer unha masa. As especias cocíñanse en auga para extraer a súa esencia e logo mestúrase coa masa. Poñemos a cociñar a masa e engáadeselle o leite, o leite de coco e a azucre. Cociñamos a lume baixo ata que quede unha substancia espesa e ponse nun prato a arrefriar. Unha vez frío, sérvese e... a comer!”

A actividade estivo organizada polo departamento de Lingua Galega, departamento de Plástica, o Equipo de Dinamización Lingüística e a Biblioteca do IES Miraflores.

AdxuntoTamaño
20241031_140028.jpg3.16 MB
20241031_135852.jpg4.22 MB
20241031_140126.jpg3.85 MB


story | by Dr. Radut