Skip to Content

AVALIACIÓN FINAL ESO E AVALIACIÓN EXTRAORDINARIA 1º BACH

ENTREGA DE BOLETÍNS COAS CUALIFICACIÓNS FINAIS: O mércores, 26 de xuño, ás 11:00, as/os titoras/es de cada grupo farán entrega dos correspondentes boletíns nas respectivas aulas.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

- Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Revisión e reclamación das cualificacións no centro: Durante o xoves 27 e o venres 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou persoas titoras legais poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Modelo 1).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo coa cualificación final obtida nunha materia ou coa decisión de promoción ou titulación adoptada para un/ha alumna, poderán solicitar por escrito no centro (Modelo 2) nese mesmo prazo (xoves, 27 e venres, 28 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas) a revisión da devandita cualificación ou decisión por parte do correspondente departamento didáctico ou equipo docente. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final ou decisión obxecto de revisión.

Notificación escrita por parte de Dirección aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación final ou da decisión de promoción/titulación: Luns, 1 de xullo, a partir das 18:00 horas, na Dirección do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final dunha materia ou coa decisión sobre a promoción ou titulación, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou persoas titoras legais poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o martes 2 e o mércores 3 de xullo, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

AdxuntoTamaño
Modelo 1 ESO E XTRA BACH.pdf50.36 KB
ANEXO 2.pdf43.86 KB
ANEXO 3.pdf45.65 KB


blog | by Dr. Radut