ACOLLENDO O ACOLLEMENTO
O alumnado dos cursos de 3º e 4º da ESO vén de participar na primeira quincena de xuño, nas titorías, nunhas xornadas de sensibilización “Acollendo o acollemento”, sobre a realidade do acollemento familiar na infancia e adolescencia que están baixo o paraugas do sistema de protección.
As xornadas están impartidas por persoal de Acougo (Asociación galega de familias de acollida) Acougo Acougo (@acougo.gal) en Instagram.
O obxectivo é sensibilizar, difundir e normalizar o acollemento familiar como o mellor recurso para a protección da infancia e adolescencia xa que lles permite crecer en ambientes normalizados. Tamén ten como obxectivo que a rapazada sexa consciente da alta taxa de institucionalización que existe na nosa comunidade de crianzas e adolescentes que medran e chegan á idade adulta crecendo nun centro sen poder vivir nun ambiente familiar ao que, por outra banda, teñen todo o dereito.
Como sempre lles dicimos, non todo o mundo está chamado a ser familia acolledora pero tod+s podemos facer algo polo acollemento.