Skip to Content

CONVOCATORIA ORDINARIA – 1º DE BACHARELATO – XUÑO 2024

Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa:  As alumnas e os alumnos conseguirán a promoción do primeiro ao segundo curso de bacharelato cando superen todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo. O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final ordinaria, coa finalidade de facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria entre o 19 e o 21 de xuño (segundo calendario elaborado dende Xefatura de estudos).

Entrega de boletíns da convocatoria ordinaria de 1º de Bacharelato:  O MARTES, 11 DE XUÑO, ÁS 12:10, as/os titoras/es dos grupos de 1º de bacharelato farán entrega nas respectivas aulas dos correspondentes boletíns.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma e Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

Revisión e reclamación das cualificacións no centro: Durante o mércores 12 e o xoves 13 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a representación legal, de ser menor de idade, poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Modelo 1).

No suposto de que, tras as oportunas aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final, a correspondente reclamación presentaranse por escrito no centro (Modelo 2) nese mesmo prazo (mércores 12 e xoves 13 de xuño, de 9:00 a 14:00 horas) e será tramitada por xefatura de estudos quen a trasladará ao correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Notificación escrita por parte de Xefatura de estudos aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento: Esta levarase a cabo o venres, 14 de xuño, a partir das 13:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas persoas proxenitoras ou persoa que desempeñe a súa representación legal, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o luns 17 e o martes 18 de xuño, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Modelo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que adoptará a decisión pertinente, que será motivada en todo caso, e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, o interesado ou a interesada, as súas persoas proxenitoras ou os seus representantes legais, poderán interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Período lectivo comprendido entre o 10 e o 21 de xuño: No primeiro curso de bacharelato, no período abranguido desde a realización da avaliación final ordinaria (10 de xuño) ata o remate do período lectivo (21 de xuño), terá prioridade a realización de actividades de apoio, reforzo e de recuperación para o alumnado con materias con partes sen superar e de preparación das probas extraordinarias.

Ademais, todo o alumnado matriculado en 1º Bach, independentemente de que teña aprobadas todas as materias ou non, ten o dereito e a obriga de asistir ás clases ata o 21 de xuño, día no que remata a actividade lectiva, e o profesorado, durante eses días, deberá seguir reflectindo as correspondentes faltas de asistencia e dándolle a debida atención educativa.

AdxuntoTamaño
ANEXO 1.pdf404.21 KB
ANEXO 2.pdf43.86 KB
ANEXO 3.pdf45.65 KB


blog | by Dr. Radut