2º BACHARELATO – INFORMACIÓN ABAU – CONVOCATORIA ORDINARIA – XUÑO 2024
PUBLICACIÓN DAS CUALIFICACIÓNS DA CONVOCATORIA ORDINARIA
As cualificacións obtidas polo alumnado na convocatoria ordinaria da ABAU faranse públicas en NERTA o xoves, 13 de xuño, a partir das 20:00 horas.
O 20 de xuño faranse públicas as cualificacións definitivas despois da resolución das solicitudes de revisión (a partir das 20:00 horas).
TARXETAS DE CUALIFICACIÓN
O venres, 14 de xuño, o alumnado recibirá por correo electrónico a súa Tarxeta de Cualificación Provisional da ABAU asinada dixitalmente.
O venres, 21 de xuño, o alumnado recibirá por correo electrónico a súa Tarxeta de Cualificación Definitiva da ABAU asinada dixitalmente coa modificación da nota, no seu caso, despois do prazo de revisión das cualificacións.
REVISIÓN DAS CUALIFICACIÓNS
O alumnado ou titores/as legais poderán solicitar a revisión da cualificación obtida nun ou en varios exames no prazo de tres días contados a partir da data de publicación das cualificacións. Neste proceso de revisión as modificacións das cualificacións poder ser tanto á alza como á baixa.
1. O prazo de presentación destas solicitudes será de tres días hábiles, contados a partir da data de publicación das cualificacións: do 14 a 18 de xuño (ata as 14:00 horas).
2. As solicitudes de revisión poderanse facer a través da aplicación informática Nerta, empregando o seu código de acceso. O alumnado deberá gardar copia da súa solicitude en calidade de resgardo e xustificación da presentación desta.
3. No proceso de revisión procederase do seguinte xeito:
a) En primeiro lugar, analizarase se houbo algún erro material na corrección do exame da persoa interesada (sumas mal calculadas ou preguntas sen corrixir). No caso de existir algún erro material, modificarase a cualificación, tanto á alza como á baixa. A cualificación provisoria obtida (identificada como P) pasa a ser a nova cualificación despois de modificar segundo o erro material detectado. No caso de non haber erros materiais, mantense como cualificación provisoria a cualificación orixinal (identificada tamén como P).
b) Deseguido, realizarase unha segunda corrección por un novo corrector/a especialista distinto ao que efectuou a primeira corrección. Se esta segunda cualificación (identificada como S) ten unha diferenza menor de dous puntos, a cualificación definitiva será a media aritmética entre S e P, nomeadamente (S+P)/2.
c) No suposto de que existise unha diferenza de dous ou máis puntos entre ambas as cualificacións (P e S), un terceiro especialista distinto dos anteriores efectuará unha terceira corrección (identificada como T). Neste caso, a cualificación definitiva será a media aritmética das tres cualificacións, nomeadamente (P+S+T)/3.
Contra a resolución adoptada pola CIUG, que porá fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación ante a propia CIUG. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa do recurso potestativo de reposición ou se produza o acto presunto.
REVISIÓN DE EXAMES
O alumnado, ou titores legais, ten dereito a ver as probas revisadas unha vez finalizado o proceso de revisión (Art. 10.3 do RD 310/2016 de 29 de xullo). Para a consulta dos exames poderá facerse a solicitude o 21 e o 25 de xuño (ata as 14:00h) presentando o formulario correspondente nun LERD ou remitindo por correo electrónico ao LERD correspondente o formulario:
LERD 3. Campus de Elviña (A Coruña)
Pavillón de estudantes – Campus de A Coruña – 15071 A Coruña
Teléfonos: 881 011 964 / 881 011 192 / 881 011 190 / 881 011 961
Correo: lerdcoruna@udc.es
Os exames revisados poderanse ver o 27 de xuño no ás 10:00 horas no Edificio Fontán da Cidade da Cultura (sede da CIUG).