FONDOLIBROS CURSO 2024/2025.Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar
RENDA IGUAL OU INFERIOR A 6.000 Є |
6 LIBROS AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 75 Є |
RENDA SUPERIOR A 6.000 Є E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 Є |
4 LIBROS AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 60 Є |
ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO |
RENDA IGUAL OU INFERIOR A 6.000 Є -— 240 Є RENDA SUPERIOR A 6.000 Є E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 -— 180 Є |
ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA CON DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65% |
6 LIBROS E MÁXIMA AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL CON INDEPENDENCIA DO NIVEL DE RENDA |
CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2022) |
CANDO HOUBER DECLARACIÓN IRPF 2022: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR CERTIFICADO DE IMPUTACIÓN DE RENDAS SE HOUBER DECLARACIÓN. |
PRAZO PRESENTACIÓN |
DO 21 DE MAIO AO 21 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) DE 2024. |
DOCUMENTACIÓN NECESARIA |
Anexo I (SOLICITUDE) Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR) Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorcio→sentenza xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia. Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA. Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero. Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada. Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE. |
PRESENTACIÓN |
PREFERIBLEMENTE por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED330B) dispoñible na aplicación “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. |
IMPORTANTE |
Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar o artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar. A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro. A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado. O alumnado que repita 4º ESO no curso 2024/2025 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia. |
PUBLICACION DAS LISTAXES PROVISIONAIS |
12 DE XULLO DE 2024 |
PUBLICACION DAS LISTAXES DEFINITIVAS |
26 DE XULLO DE 2024 |