AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS
ORDE DO 29 DE XANEIRO DE 2024 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2024, DESTINADAS AO ALUMNADO DOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED504B).
O obxecto desta orde é establecer as bases e convocar axudas, en réxime de concorrencia competitiva, para realizar as actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en linguas estranxeiras do alumnado de 1º e 2º de bacharelato dos centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia, durante o ano 2024.
Esta nova convocatoria, para os efectos da súa identificación e acceso aos formularios de inicio polas persoas interesadas, na sede electrónica da Xunta de Galicia, denomínase «Actividades de formación en linguas estranxeiras», co código de procedemento ED504B.
O procedemento de solicitude iniciarase a través da aplicación «en liña» dispoñible desde a páxina web https://www.edu.xunta.gal/axudasle/, cubrindo o formulario electrónico que corresponda.
As actividades que se convocan, cuxo contido se especifica en canto a número de prazas, destino e réxime de aloxamento no anexo IV, son actividades de formación para a mellora na competencia no uso de linguas estranxeiras.
O período de realización destas actividades comprenderá desde a primeira semana do mes de xullo ata finais do mes de agosto de 2024, coa excepción das actividades para o 2º curso de bacharelato, que se desenvolverán no mes de agosto.
As datas concretas de realización das actividades daranse a coñecer coa publicación das listaxes definitivas do alumnado seleccionado.
O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (dende o 13 de febreiro ata o 12 de marzo de 2024, ambos incluídos).
Adxunto | Tamaño |
---|---|
ORDE DO 29 DE XANEIRO DE 2024 POLA QUE SE CONVOCAN AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS.pdf | 1.08 MB |