ACTIVIDADES ENTROIDO 2024
Con motivo da celebración do Entroido, o vindeiro venres, 9 de febreiro, de 12:30 a 14:00, vaise levar a cabo na pista cuberta un pequeno concurso de disfraces co alumnado de ESO.
Todo o alumnado, ESO e bacharelato, poderá vir disfrazado da casa pero só participará no concurso o alumnado de ESO. En ningún caso poderá levar a cara tapada. O disfrace debe ser respectuoso e non poderá entorpecer o normal desenvolvemento da actividade lectiva.
As catro primeiras sesións lectivas impartiranse de forma habitual. De 12:00-12:10, o alumnado da ESO poderase disfrazar ou completar o seu disfrace na aula co profesorado correspondente.
Ás 12:45 comezará o concurso de disfraces na pista polideportiva cuberta ata as 14:10.
O uso do móbil estará prohibido aínda que a previsión é instalar un photocall onde a xente disfrazada poderá ser fotografada por algunha persoa autorizada para elo.
Polo que respecta ao alumnado de 1º e 2º de bacharelato, será o profesorado de 5ª e 6ª hora quen decida, segundo as súas necesidades docentes, se lle imparte clase ou acompáñao a ver o festival.