Skip to Content

Roteiro xeolóxico por Cabo Ortegal

O pasado venres, 26 de xaneiro, profesorado e alumnado de 1ª de bacharelato e 4º PDC realizamos unha viaxe no tempo xeolóxico. Achegámonos ás raÍces dunha cordilleira de 10.000 m de altitude, ollamos as cicatrices do peche dun océano, poidemos ver o impacto na paisaxe dun “glaciar de bolsillo” e contemplamos o efecto de miles de toneladas de presión marcado nas enrrugadas rochas.


Coa compaña do Dr. Fran Canosa, aprendemos que a area da praia pode ser multicolor, localizamos minerais magnéticos, asomámonos aos acantilados máis altos da Europa continental, arrincamos fragmentos nun dos afloramentos rochosos máis extraordinarios do planeta e paseamos atravesando o límite entre a codia e o manto terrestre.



page | by Dr. Radut