SAMAÍN 2023
Que é o Samaín?
A noite do 31 de outubro, como cada ano, celébrase o Samaín en Galicia e no norte de Europa. Trátase da palabra gaélica “Samhain” e significa “fin do verán”.
Pouco se sabe cando se fala de Samaín, e moito é o coñecemento xeneralizado sobre Halloween, e aínda que se cre que Halloween chegou a Europa desde Estados Unidos, o certo é que o Samaín é o inicio desta popular festividade, e non ao contrario. Foron os inmigrantes irlandeses os que levaron esta festa tradicional céltica a terras americanas, onde posteriormente converteuse no que hoxe coñecemos como Halloween.
O Samaín é unha festa pagá de orixe celta e segundo as investigacións trátase da orixe de todas as festas tradicionais asociadas aos mortos. Fai máis de tres mil anos considerábase á noite do 31 de outubro, a noite en que as antigas almas viñan visitar aos vivos. Era tamén a recollida da colleita, polo que empezaba un novo ciclo.
Ao longo dos séculos a festa foi cambiando e hoxe en día son moitos os lugares onde seguen celebrando o Samaín, entre eles Galicia, onde as rúas de pobos e cidades énchense de xente para celebrar esta festa popular.
Como se celebra o Samaín en Galicia?
As celebracións do Samaín en Galicia son bastante parecidas ás celebracións de Halloween (ou viceversa). Entre as tradicións atópase a da popular cabaza. Recoller a cabaza, limpala e facerlle ollos e boca para representar unha caveira. É común colocar unha vela dentro para escorrentar aos malos espíritos. Cabe mencionar que os antigos celtas facíano con caveiras de verdade… Que medo!
Outra tradición é a de pedir doces de porta en porta co coñecido “truco ou trato”. Sabías que isto tamén deriva da festividade celta? Eles colocaban doces nas portas das súas casas para “agradar” aos espíritos e que non entrasen. A noite do 31 de outubro os pobos antigos colocábanse máscaras e facían rituais e bailes para escorrentar aos malos espíritos. É por iso que hoxe en día nos disfrazamos o día do Samaín.
Aínda que foron os americanos os que volveron a poñer de moda a festa popular, a través de series e películas, ben é certo que o Samaín tivo un forte arraigamento en Galicia, e actualmente é máis popular que nunca. É tradición reunirse con familiares e amigos para comer castañas, facer unha queimada e bailar a música popular que envolve de maxia os pobos e cidades galegas.
O Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores proponvos celebrar o Samaín na aula.
As festas populares son un dos tópicos que máis gustan aos nenos e nenas de todas as idades. Dar a coñecer e traballar o Samaín en clase pode ser en grao sumo divertido, sobre todo porque para moitos é descoñecido a orixe de Halloween, crendo que se trata dunha festa americana, cando hai anos que forma parte da cultura galega e do norte de Europa.
Instámosvos a que vos documentedes algo máis sobre a historia do Samaín, a súa conexión co mundo celta, cos druídas e con algunhas tradicións que seguen vixentes.
Os ditos, refráns, adiviñas e mesmo os chistes relacionados coa morte están asemade moi presentes na nosa cultura.
Aquí tedes alguns exemplos:
O morto á mortalla, e o vivo á fogaza…
Non ter onde caer morto…
Cargarlle o morto…
Estar a piques de morrer…
Estar a pensar na morte da burra…
Ata a morte ten vicio…
Chegou o defunto á igrexa…
No Samaín e na noite de Reis
vou pendurándome nos andeis,
vestido con sabas ou manteis.
Quen son?
Este era un fotógrafo tan malo, tan malo, tan malo
que ata os mortos saíanlle movidos.
Como din “estou morto en Inglés?
Memory.
Propoñémosvos, xa que logo, que vos mesmos redactedes algúns deles alusivos á morte, pero que sexa do máis orixinal ou retranqueiro. Animádesvos?
Déixovos aquí as bases do concurso:
- Poderá participar todo o alumnado do centro.
- O prazo de entrega remata o 31 de outubro.
- Os refráns, ditos e chistes ou adiviñas con temática sobre a morte deberán estar escritos en galego.
- O formato será o do tamaño dunha postal estándar A6. É dicir, duns 105x148mm. Presentarase nunha cartolina e escrito en gris , negro ou prateado.
- Pola parte de atrás deberá levar o nome, apelidos e curso.
- Unha vez que estea instalado o lugar habilitado para conmemorar o Samaín no 1º andar ( ao lado do ascensor) , poderedes ir deixándoos nas caixas.
- Os refráns, ditos, adiviñas ou chistes serán entregados escritos a man e poderán ir acompañados dalgún debuxo.
- O xurado estará composto polos membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.
- O fallo do xurado será o día previo ao San Martiño,10 de novembro, data na que se fará entrega dos agasallos aos tres finalistas.
- Premiarase a orixinalidade e o uso da lingua galega.
Lembramos que aínda que frivolicemos nesta actividade sobre a morte, deberemos sempre facelo dende o respecto e a tolerancia.
QUE PASEDES UN BO SAMAÍN!!!!!!