Skip to Content

A NOSA VIAXE A MONDOÑEDO

O alumnado de 3ºESO A, con 2 monitores e 2 profesoras (Rocío e Vanessa), fomos o xoves 2 de marzo a unha excursión a Mondoñedo para coñecer lugares de Galicia e para coñecer a vida dun gran escritor, Álvaro Cunqueiro.
A excursión comezou ás nove cando subimos ao bus. No bus estivemos vendo filmes e escoitando música xa que nos asentos había unhas pantallas moi grandes con xogos, películas, música, series… Despois de case 2 horas no bus, baixamos e camiñamos ata chegar a un gran seminario, no que Fran, o noso monitor, explicounos que era e que nel estudou Noriega Varela. Despois de ver o seminario paramos na Fonte Vella, sacamos unhas fotos, e, comezamos a ruta do “Roteiro da auga”. Na ruta observamos a natureza e rimos moito porque houbo moitas caídas por culpa da lama. Rematamos a ruta moi contentos ao ver a fervenza tan bonita que había.
Á hora de xantar fomos a unha área recreativa, na que comemos moito, todos tiñamos moita fame pola camiñada. Cando rematamos de comer algúns compañeiros e eu baixamos a ver a outra fervenza que había alí.
Sobre as catro da tarde, visitamos a vila, na que atopamos a praza principal coa Catedral e tamén visitamos o museo de Álvaro Cunqueiro no que aprendemos moitos datos sobre el. A continuación fomos a un Mosteiro alí, un home contounos e falounos do Camiño de Santiago e dos antigas costumes dos peregrinos. Cando rematamos a nosa visita os monitores deixáronnos un tempo libre para explorar a vila. Nese tempo cunhas compañeiras da clase fomos ao supermercado a mercar algo para merendar.


Finalmente, sobre as seis, subimos ao bus para volver a Coruña. Nesas case 3 horas algún durmimos e outros seguiran vendo as películas, falando ou escoitando música.
Foi unha viaxe moi divertida e entretida na que aprendín moitas cousas e descubrín un lugar novo, Mondoñedo, terra de grandes escritores.
Iria, 3 ESO A



page | by Dr. Radut