Skip to Content

A viaxe de Gagarin

Este é un libro publicado no ano 2014 e escrito por Agustín Fernández Paz, un escritor de Lugo moi coñecido na literatura infantil e xuvenil, que ten outras obras salientábeis como Cartas de inverno.


Foi lido para o club de lectura de galego, debido a que desenvolvese na nosa cidade, A Coruña, e por iso aparecen lugares moi coñecidos para nós como poden ser as praias de Riazor e Orzán ou o colexio Compañía de María.
O protagonista do libro é Miguel, un home duns 60 anos, que cando á súa nai lle quedan poucos días de vida, recorda como vivira a súa adolescencia durante os anos 60, que é o que vai contarnos durante todo o libro.
El é un rapaz cunha vida normal, como calquera adolescente, que vai ao instituto, gústalle estar cos seus amigos e namorase.
A súa familia é aparentemente normal, pero os seus pais agochan un gran segredo, polo que se van ver afectados todos.
Cal é ese segredo? Traballan nunha libraría e papelería, pero de maneira clandestina, colaboran nun periódico no cal publícanse as barbaridades que se realizan no goberno franquista e teñen que transportalo a diferentes lugares de España para mostrar a realidade que se vivía no país.
Miguel descobre unha noite, os seus pais imprimindo as páxinas do periódico, polo que eles deciden que xa é o suficiente maior para coñecer a súa historia, e gardar o segredo. Se se descubría o segredo correrían perigo e terían que exiliarse fóra de España. É unha grande rsponsabilidade.
Esta situación complícase aínda máis, cando un día entre a praia de Riazor e a de Orzán, Miguel coñece a unha rapaza da súa idade, Francesca, que chegara recentemente de Madrid polo traballo do seu pai. Empezan a facer plans polo centro da Coruña polas tardes, e terminan namorándose.
Despois dun tempo, MIguel descobre que o pai de Francesca é o xuíz que xulga na Coruña, os sospeitosos de contradicir o réxime franquista. A causa desta coincidencia a súa familia empeza a correr perigo, e eles teñen que verse, sen que o saiban os pais dela, cando vai ás clases de inglés. O libro remata co protagonista recordando a súa adolescencia dunha maneira positiva, porque aínda que o seu pai fora á carcel, cando rematou a ditadura puideron vivir tranquilamente.
Foi un libro que desfrutamos moito, e o que máis nos gustou del foi todas as relacións persoais que establece Miguel cos amigos e coa moza e recoñecer os lugares da Coruña no que suceden os feitos.



page | by Dr. Radut