Skip to Content

Feirantes - Saída a Rialeda

O mércores 10 de maio de 2023, a nosa clase de 3ESO A do IES Miraflores acudiu a unha excursión Á Biblioteca da Rialeda en Perillo. Nesta saída do instituto fomos ata alí en bus; saímos do noso centro ás 10:00 e estivemos xa de volta ás 11:30 máis ou menos.

O narrador que estivo a contarnos os contos chamábase Ramiro Neira, que xa fixera máis contacontos con mozos da nosa idade do noso instituto. Ramiro comezou facéndonos unhas preguntas persoais ou xerais a algunhas de nós e logo xa comezou  a narrar os contos. O conto que nos estivo a contar chamábase “Tristán García” e está escrito por Álvaro Cunqueiro. Esta obra falaba dun home chamado Tristán García o cal estaba desesperado por atopar a orixe do seu nome, xa que para aquela época non era un nome nada común.
Máis tarde este home, Tristán tivo que marchar a León a facer o servizo militar, e alí atopou un libro. Este libro, que non o deixou indiferente, titulábase Tristán e Isolda. Nese momento Ramiro mais a nosa compañeira Uxía imitaron a portada do libro, dándose unha aperta. Dende que atopou o libro, Tristán buscou unha Isolda. Foi difícil e tivo a sorte de que o axudou o capitán, xa que el coñecía a unha.
Esta Isolda era unha churreira, de 90 anos, moito maior ca Tristán e ademais casada, pero a pesar disto a Tristán gustoulle. Cando lle dixo a ela como se chamaba, Tristán,  Isolda comezou a chorar, porque ela levaba toda a vida buscando a un Tristán e como non o atopou casou cun home chamado Ismael.
Entón desolado, Tristán volveu a León no tren chorando e comendo unha ducia de churros que Isolda lle deu Isolda. Ramiro nesta historia principal ía introducindo outras historias máis breves, como comparacións ou cousas que lle pasaran a el e á súa familia na súa vida cotiá.
Nesta saída chamoume a atención a facilidade que tiña Ramiro para narrarnos a historia e o amenos que o fixo. O que máis me gustou foi que interactuara con nós. Na miña opinión deberiamos facer máis excursións como estas nas que aprendamos doutras maneiras máis amenas e didácticas; ademais de aprender a desenvolver outras habilidades como as de falar en público grazas a os consellos que nos deu Ramiro.

Celia 3ESO A

 



page | by Dr. Radut