Skip to Content

A nosa excursión a Rianxo - 18-5-2023

Que boa sorte tivemos de poder descubrir a vila de Rianxo coa súa historia na que destaca a canción da RiAnxeira e as casas de tres escritores fundamentais a nivel nacional: Manuel Antonio, Rafael Dieste e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Empezamos a mañá chuviosa coa canción da Rianxeira, todos con moitas gañas de pasar o día xuntos e motivados de aprender sobre a historia da pesca e da literatura galega. Ao chegar a Rianxo visitamos o bonito monumento da Rianxeira. Descalciña, como di xa o texto, foi representada como a rapaza xove que nos imaxinamos. Na mesma zona, no porto de Rianxo, hai monumentos dos outros persoeiros importantes que destacan no ámbito da literatura dos cales os educadores nos contaron feitos interesantes.
Mais non só o fondo literario é o que fai de Rianxo unha vila particular, senón que tamén os monumentos que representan o fondo da pesca rianxeira e que lle dan o toque mariñeiro á vila. Sabedes que o remo dun barco pesqueiro mide catro metros e medio? É a medida do ancho das casas de cerca do porto.

Entre rir e falar moito, pasounos rapidiño o tempo. Despois do paseo informativo no porto de Rianxo, seguimos polo centro da vila, onde nun café paramos e cantamos a Rianxeira outra vez, agora acompañados pola gaita tradicional.

Logo fomos ao Museo do mar, onde descubrimos algunhas cousas máis da pesca rianxeira, por exemplo a construción dun barco pesqueiro, o proceso da pesca ou a cría dos mexillóns.
Pouco a pouco, o noso tempo en Rianxo estaba esgotándose. Despois dun pequeno descanso no que algúns comeron e outros xogaron ao xadrez, fixemos unha caza do tesouro pola costa. Aínda que a choiva volvera, algúns de nós bañáronse na praia antes de empezar o viaxe a casa cheo de cantar, rir e falar. Moitas grazas por posibilitar ese día inesquecible.

Elena Djordjevic 1º BAC C



page | by Dr. Radut