Skip to Content

PRESENTAMOS O PRIMEIRO VÍDEO DO VOO DA MARUMASAT V

O pasado 10 de maio, o alumnado de NOSA Axencia Espacial Escolar Galega, da que forma parte o IES Miraflores xunto ao Marco do Camballón de Vila de Cruces, o Xelmirez II de Santiago e o CPI O Cruce de Cerceda, levou a cabo o lanzamento da MarumaSat V, a súa quinta cápsula estratosférica, que acadou unha altura de 34.781 m.

O voo, denominado Misión 360, despegou desde a Cidade da Cultura de Santiago e, despois de 2 horas e media, aterrou preto do concello de Quiroga, nun punto non moi lonxano ao que amosaban as simulacións feitas esa mesma mañá, pero de moi difícil acceso.

Tras a recuperación da cápsula iniciamos a edición das imaxes gravadas, polo que xa podemos gozar do primeiro vídeo desta misión. Lembrade que na cápsula viaxou tamén unha cámara 360, porén haberá un segundo vídeo desta misión e tamén que podedes ver os tailers e videos de anteriores lanzamentos na canle de Youtube da NOSA e consultar información sobre o proxecto na súa páxina web.

 

 



page | by Dr. Radut