Skip to Content

Noraboa ao alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos

Entre o alumnado de Métodos Estatísticos e Numéricos de 2º de bacharelato, un grupo, coa profesora María José Bargados á fronte, participou no XIII Concurso da Incubadora de Sondaxes e Experimentos organizado pola Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO).

O seu traballo titulado "Rompendo o cristal da Xeración Z" foi o gañador da competición a nivel autonómico que se celebrou na Facultade de Matemáticas da USC o pasado venres 9 de xuño.

Con esto acadan o paso á final nacional que se celebrará en Zaragoza os días 27, 28 e 29 de xuño.

Seguro que o seu traballo será aclamado como se merecen.



page | by Dr. Radut