IGNACIO VILAR. AURA 1964
Hoxe no noso instituto, tivemos o pracer de contar coa visita do cineasta Ignacio Vilar, quen nos veu falar do guión da súa próxima película, Aura 1964.
O director de Petín de Valdeorras fíxonos partícipes de moitas anécdotas das súas anteriores películas de sona mundial : A esmorga, Pradolongo… así como dos detalles da realización dunha longametraxe
O alumnado de 4 ESO que previamente lera o guión cinematográfico, estivo moi atento e interesado en todos estes aspectos, sobre todo, na posibilidade de participar nunha futura gravación con personaxes adolescentes coma eles.