O bo, se breve...
O día 21 de abril o alumnado de 4º de ESO A, B e C participou na actividade " O bo, se breve,..." , unha introducción ao microrrelato da man da escritora e profesora María Isabel Andrés Llamero, da Universidade de Salamanca. Con ela tiveron oportunidade de coñecer os fundamentos deste xénero narrativo, disfrutar dalgúns dos seus contos máis interesantes e xogar a poñerlles título. A actividade tivo lugar na biblioteca de Oleiros e resultou moi didáctica e amena.
Os departamentos implicados foron os de Lingua castelá e Lingua galega.