ANDREA MACEIRAS
O martes 18 de abril a escritora Andrea Maceiras, estivo unha vez máis no noso centro. Esta vez para falar do seu libro Que me pare o corazón se te esquezo, publicado por Xerais.
O alumnado de 2º ESO puido facerlle preguntas sobre esta novela na que a protagonista Blue Shiva é a deusa das redes sociais. Na súa popular canle aparecen os retos virais máis arriscados. Pero tamén é unha deusa fráxil. A noite en que decide camiñar polo bordo dun edificio de dez andares, só desexa que a chuvia deteña a súa ousadía. Porén, Nordestal é unha cidade ventosa, e Blue Shiva precipítase ao seu propio abismo.Axiña as redes sociais difunden a nova da súa morte. Do outro lado da pantalla, Ada, que non pode crer que Blue Shiva xa non exista, pídelle axuda á súa irmá xemelga, Lúa, e convértea en cómplice involuntaria. Pola súa banda, Gabriel regresa a Nordestal guiado polos latexos do seu corazón.Narrada a dúas voces, Que me pare o corazón se te esquezo é unha historia sobre ese mar que nos axita por dentro e sobre aquel que se abre alén das nosas pantallas, tinguido pola peor sombra e, ao tempo, capaz da maior luz.
Contar con Andrea é sempre unha marabillosa experiencia.
A actividade estivo organizada polo Departamento de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Andrea Maceiras.png | 684.77 KB |
Andrea Maceiras 2.png | 794.29 KB |