ADMISIÓN ORDINARIA ALUMNADO CURSO 2023-2024
ACHEGA, DE XEITO PRESENCIAL NO CENTRO DOCENTE, DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO (DO 22 DE MARZO AO 4 DE ABRIL, AMBOS INCLUÍDOS) DE 9:00 A 14:00.
Ábrese o prazo para que as persoas interesadas presenten a documentación xustificativa dos criterios do baremo alegados para realizar á súa valoración e establecer unha orde de prelación.
NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN, PORQUE O NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES É SUFICIENTE, O ALUMNADO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:
O alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Juana de Vega e CEIP Plurilingüe da Rabadeira) que formalizaron en prazo a solicitude de reserva.
2º ESO
3º ESO
1º BACHARELATO
2º BACHARELATO
DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 22 DE MARZO AO 4 DE ABRIL (AMBOS INCLUSIVE) DE XEITO PRESENCIAL DE 9:00 A 14:00 HORAS NA SECRETARÍA DO CENTRO, PORQUE O NÚMERO DE POSTOS ESCOLARES OFERTADOS É INFERIOR AO NÚMERO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN, O ALUMNADO QUE SOLICITOU ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:
1º ESO
4º ESO
NORMATIVA REGULADORA DO PROCEDEMENTO
– DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
– Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (códigos de procedemento ED550A, ED550B e ED550C).
– Instrucións da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos sobre o desenvolvemento do proceso de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso académico 2023-2024.
– Resolución do 23 de febreiro de 2023, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se fai público o resultado do sorteo ao que fai referencia o artigo 34 da orde do 21 de outubro de 2022.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: 25 DE ABRIL.
PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: 15 DE MAIO.
O ALUMNADO ADMITIDO DEBERÁ FORMALIZAR A MATRÍCULA DO 27 DE XUÑO AO 10 DE XULLO CONFORME AO CALENDARIO QUE SE PUBLICARÁ PRÓXIMAMENTE.