MODIFICACIÓN DAS DATAS DAS AVALIACIÓNS NA ESO
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades publicou no DOG do 5 de xaneiro a ORDE DO 27 DE DECEMBRO DE 2022 DE MODIFICACIÓN DA ORDE DO 20 DE MAIO DE 2022 POLA QUE SE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2022/23 NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA.
En base ao indicado nesta Orde, elimínase a sesión de avaliación previa á avaliación final do alumnado de ESO, prevista inicialmente para ser realizada a partir do 5 de xuño de 2023, xunto co período específico para a realización de actividades de apoio, reforzo e recuperación de materias ou partes sen superar tras esa avaliación parcial; é dicir, o curso na ESO remata a todos os efectos o 21 de xuño de 2023 debendo coincidir a sesión da terceira avaliación parcial coa sesión de avaliación final, que terá lugar a partir do 22 de xuño de 2023, onde se fará efectiva a cualificación definitiva das materias.
En consecuencia, procédese a reaxustar a extensión da segunda e da terceira avaliación do alumnado de ESO quedando do seguinte modo:
REMATE DA 2ª AVALIACIÓN E ENTREGA DO BOLETÍN DE NOTAS: VENRES, 31 DE MARZO DE 2023.
REMATE DA 3ª AVALIACIÓN: MÉRCORES, 21 DE XUÑO DE 2023.