RESOLUCIÓN DEFINITIVA DE CENTROS BENEFICIARIOS DAS AXUDAS DE ACREDITACIÓN LINGÜÍSTICA A CENTROS PÚBLICOS
A Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades vén de publicar a resolución definitiva de centros beneficiarios das axudas de acreditación lingüística a centros públicos.
No caso do IES Miraflores, en base aos criterios aplicados pola Consellería, están asignadas 23 prazas para a realización das probas por parte de todo o alumnado solicitante de 2º de bacharelato.
Proximamente comunicaremos ao alumnado e ás familias as datas de celebración das probas (posiblemente durante o segundo trimestre do curso) e o nome da entidade certificadora.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexo_i_listaxe_definitivo_acreditacion_le_centros_publicos.pdf | 145.22 KB |