Desde o Equipo da biblioteca propoñémosche unhas cantas lecturas para estes días. E tamén, por se prefires, escollemos algún filme. Lembra que podes solicitar estes libros, e máis, na nosa Biblioteca Miraflores.
Temos varios libros ilustrados e incluso temos dous libros ilustrados creados polo alumnado de 1 ESO a partir do libro Cartas de inverno. de Agustín Fernández Paz. Son os seguintes:
La pequeña Bruja – Benjamin Lacombe e Sebastián Perez
Violeta quiere ser vampiro – Ramon.D. Vieja e David Sierra
Louis entre fantasmas – Fanny Britt e Isabelle Arsenault
Frankenstein- Meitxell Vibas
Trasmallo. A Santa compaña. Gochi
Versos para musas e catro contos de Edgar Allan Poe
Sábanas, Brenna Thummler
El fantasma de la casa de al lado, Iñaki r. Díaz
Damned. Writers, Ángel A. Svoboda
Mortiña. O amigo pantasma. Bárrbara Cantini
O noso Samaín. Loretta Birott Bermejo.
Esqueletos divertidos. Janet e Allan Ahlberg
Que che parece ler unha obra que se segue representando nestas datas: Don Juan Tenorio de José Zorrilla. Tampouco faltan os clásicos do terror: O caso de Charles Dexter Work- H.P.Lavecraft ou El escarabajo de oro y otros cuentos. Edgar Allan Poe. En galego temos unha selección en O relato fantástico. De Poe a Lovecraft. Escrito en portugués podes ler Saga. Sophia de Mello Breyner Andresen. E dos autores clásicos da literatura galega ofrecémosche Retrincos e Un ollo de vidrio, escritos por Castelao e Dos arquivos do trasno, de Rafael Dieste.
Dispoñemos de libros de literatura xuvenil, como A pantasma taelefónica, de Xabier A. Barreiro Liz. Algúns deles tiveron moito éxito. Foron Conta saldada, de Suso de Toro; De como santo dos croques se fai peregrino, de Pepe Carballude. E que dicir da querida Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas, ou dos tres irmáns fantasmas de Volverás, golfiño, de Andrea Maceiras. Tamén dispoñemos de Luces de Setembro de Carlos Ruiz Zafón na edición en castelán e en galego.
Recomendámosche Cando petan a pola pola noite- Xabier P. do Campo, libro do que temos varias edicións diferentes porque tivo moito, éxito porque dá moito medo.
E do inmenso Agustín Fernández Paz temos unha ampla oferta: Cartas de inverno, Aire negro, A neve interminable, A casa do medo, Malos tempos para os Fantasmas, Un tren cargado de misterios, Tres pasos polo misterio, As fronteiras do medo.
Se prefires ver un filme, podes solicitar algún destes: Coco- Fixar. FranKestein - Mary Shellay de Kenneth Branagh ou La habitación del pánico- Jodie Foster