Skip to Content

Blogues do centro

FONDOLIBROS 2021/22 ALUMNADO ESO.

ORDE do 6 de maio de 2021 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2021/22 (código de procedemento ED330B).

RENDA  IGUAL OU INFERIOR A 6.000 €

6 LIBROS

AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR 50 €

RENDA SUPERIOR A 6.000 € E IGUAL OU INFERIOR A 10.000 €

4 LIBROS

 

ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVO

RENDA   6.000 €  240 €

6000 < RENDA  ≤ 10.000 € 160 €

ALUMNADO CON GARDA OU TUTELA DA XUNTA

DISCAPACIDADE MAIOR OU IGUAL AO 65%

 

6 LIBROS E AXUDA PARA ADQUIRIR MATERIAL

 

CÁLCULO DA RENDA PER CÁPITA FAMILIAR (ANO 2019)

Cando houber declaración IRPF 2019: (RECADRO 435 + RECADRO 460)/ Nº MEMBROS COMPUTABLES.

Certificado de imputación de rendas de non houber declaración.

PRAZO PRESENTACIÓN

DO 21 DE MAIO AO 22 DE XUÑO (AMBOS INCLUÍDOS) de 2021

 

 

 

 

 

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Anexo I (SOLICITUDE)

Anexo II (COMPROBACIÓN DE DATOS DOS MEMBROS COMPUTABLES DA UNIDADE FAMILIAR)

Copia do Libro de familia. Se houber separación ou divorcio sentencia xudicial e/ou convenio regulador. Excepcionalmente volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente no concello onde resida a familia.

Certificado de discapacidade do/a alumno/a ou calquera membro da familia NON EXPEDIDO POLA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA.

Documentación xustificativa da situación de violencia de xénero.

Resolución xudicial de incapacitación con patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento ou do certificado do centro de menores, para o alumnado en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

Certificado de convivencia, volante de convivencia ou informe dos servizos sociais ou do órgano equivalente do concello onde resida a familia, no caso de que o pai e a nai ou titor ou titores carezan de DNI e NIE.

 

 

PRESENTACIÓN

PREFERIBLEMENTE por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED33OB) dispoñible na aplicación “fondolibros” (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.es).

OPCIONALMENTE nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

 

 

 

 

IMPORTANTE

Antes de cubrir o Anexo I, débese consultar a artigo 4 da orde da convocatoria que aclara cales son os membros da unidade familiar.

A solicitude será ÚNICA para todos os/as fillos/as (ou, de ser o caso, tutelados) matriculados no mesmo centro. Mais se a solicitude se tramita por vía electrónica empregando a aplicación “fondolibros”, será necesaria  a presentación dunha solicitude por cada alumno/a, aínda que estean no mesmo centro.

A solicitude deberá estar ASINADA polo pai, nai titor/a ou representante legal do alumnado.

O alumnado que repita 4º ESO no curso 2021/2022 ou que non obteña praza en FP básica e que non tivese presentada solicitude no prazo indicado, poderá facelo no prazo dun mes desde a formalización da matrícula. O mesmo dereito terá o alumnado que se incorpore procedente dun centro de fóra de Galicia ou que pase a estar en situación de tutela ou garda da Xunta de Galicia.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS

9 DE XULLO DE 2021

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

15 DE SETEMBRO DE 2021

ADMISIÓN CURSO 2021-2022: PUBLICADAS AS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS

As listaxes definitivas das persoas admitidas e non admitidas poderán consultarse no taboleiro de anuncios interior do Centro ou, de forma non presencial, a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en  materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación. En consecuencia, queda prohibida a realización de fotografías e difusión dos listados.

Contra a resolución da relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

PUBLICADAS AS LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS.

As listaxes provisionais das persoas admitidas e non admitidas poderán consultarse no taboleiro de anuncios interior do Centro ou, de forma non presencial, a través da aplicación admisionalumnado empregando a Chave365 ou Certificado Dixital da Fábrica Nacional de Moneda e Timbre.

En base ás recomendacións vixentes en  materia de protección de datos persoais, non se poderá realizar a través de ningún outro medio electrónico de publicación. En consecuencia, queda prohibido a realización de fotografías e difusión dos listados.

Poderán formular reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación, ante o consello escolar no caso de centros públicos, e ante a titularidade no caso de centros privados concertados.

A PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS REALIZARASE ANTES DO 15 DE MAIO.

Impugnación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas: recurso de alzada ou reclamación. Contra a relación definitiva, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da xefatura territorial, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.

ACHEGA DA DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS DO BAREMO DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL, AMBOS INCLUÍDOS, DE 9:00 A 13:00

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Artigo 17. Documentación cando a demanda de prazas escolares sexa superior á oferta

1. Logo de determinar que o número de solicitudes é superior ao de prazas ofertadas, o centro abrirá un prazo de 10 días hábiles, contados a partir dos 2 días seguintes ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión, para achegar a documentación xustificativa dos criterios de baremo.

2. A presentación desta documentación ten carácter voluntario. A falta de presentación desta documentación impedirá valorar o criterio ou criterios para efectos de determinar a puntuación correspondente.

3. O consello escolar dos centros docentes públicos e a titularidade dos centros privados concertados poderán requirir, de forma motivada, a documentación complementaria que estimen necesaria para acreditar as situacións e circunstancias alegadas, concedendo un prazo de 5 días hábiles para á súa presentación.

4. A falta de presentación en prazo da documentación requirida impedirá ter por acreditado o criterio ou criterios afectados, e en consecuencia, impedirá valoralos para efectos de determinar a puntuación.

 

DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN DO 25 DE MARZO AO 9 DE ABRIL DE 9:00 A 13:00 NA SECRETARÍA DO CENTRO O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

1º DA ESO

2º DA ESO

1º BACHARELATO

 

NON DEBE PRESENTAR A DOCUMENTACIÓN O ALUMNADO QUE SOLICITA ADMISIÓN NOS SEGUINTES CURSOS:

3º DA ESO

4º DA ESO

2º BACHARELATO

PROTOCOLO COVID: Co fin de limitar os contactos interpersoais, recoméndase a presentación da documentación preferentemente nos días non lectivos. De facelo en días lectivos, na medida do posible, evitarase a presencia no Centro nos recreos (10:10 a 10:30 e 12:10 a 12:30).

 

ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

 

CRITERIO

DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA

PROXIMIDADE DO DOMICILIO FAMILIAR AO CENTRO

 

Certificado do Padrón municipal no que figuren todos os membros da unidade familiar que conviven nel. A data de alta no concreto domicilio deberá ter unha antigüidade mínima dun ano respecto ao inicio do procedemento de admisión, agás circunstancias debidamente xustificadas. Así mesmo, o certificado deberá estar expedido dentro do ano natural ao que corresponda o proceso de admisión.

PROXIMIDADE DO LUGAR DE TRABALLO AO CENTRO

 

Persoas que presten servizos retribuídos por conta allea, mediante a achega de documento expedido para o efecto pola/o empregadora/or xunto cunha copia do contrato de traballo.

No caso de traballadoras e traballadores por conta propia, mediante a alta censual inicial ante a Axencia Estatal de Administración Tributaria, con todas as posibles modificacións posteriores e altas na Tesourería Xeral da Seguridade Social no réxime correspondente.

O persoal ao servizo das administracións públicas presentará unha certificación expedida pola xefatura de persoal correspondente.

CONDICIÓN DE FAMILIA MONOPARENTAL

Certificación de recoñecemento da Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia ou pola autoridade competente doutras administracións públicas

PARA O ACCESO AO BACHARELATO:

VALORACIÓN DO EXPEDIENTE ACADÉMICO

Certificación académica persoal de 3º da ESO.

A DOCUMENTACIÓN RELATIVA AOS CRITERIOS DE DOMICILIO FISCAL, RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR, CONDICIÓN DE FAMILIA NUMEROSA E DE DISCAPACIDADE DO ALUMNADO, DO/DA PROXENITOR/A, DO/DA TITOR/A OU DOS/DAS IRMÁNS/ÁS RECOÑECIDA POLA XUNTA DE GALICIA, SÓ SERÁ NECESARIO PRESENTALA CANDO A PERSOA INTERESADA DENEGUE EXPRESAMENTE A CONSULTA AUTOMÁTICA NA SOLICITUDE.

 

LISTAXES PROVISIONAIS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 25 DE ABRIL.

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS E NON ADMITIDAS: ANTES DO 15 DE MAIO.

FOLGA ESTUDANTIL FEMINISTA DO 8 DE MARZO PARA ALUMNADO DE 3º DA ESO EN ADIANTE.

Atendendo á convocatoria a nivel estatal dunha “Folga Estudantil Feminista”, do Sindicato de Estudantes (NIF G-78568334), para: “mostrar o rexeitamento á secuela da violencia machista, e solicitar unha materia de educación sexual inclusiva nos centros de estudo”, e ao amparo do artigo 8, parágrafo 2 da Lei 8/1985 onde indica: "Nos termos que establezan as Administracións educativas, as decisións colectivas que adopten os alumnos, a partir do terceiro curso da educación secundaria obrigatoria, con respecto á asistencia a clase non terán a consideración de faltas de conduta nin serán obxecto de sanción, cando estas fosen resultado do exercicio do dereito de reunión e sexan comunicadas previamente á dirección do centro"

A Xunta de delegados/as do IES Miraflores, reunida o 23 de febreiro de 2021, acordou secundar a convocatoria, e polo tanto, o alumnado de 3° e 4° da ESO e de Bacharelatoque desexe participar deberá, obrigatoriamente, facelo constar no documento adxunto, coa firma dos titores legais e facer entrega do mesmo ao titor/a hasta o venres 5 de marzo de 2021, que servirá de comunicación e xustificación das correspondentes faltas.

É unha convocatoria estudantil, non do profesorado. Impartirase clase con normalidade, sen prexuízo doutras convocatorias vixentes para estes.

O marco normativo vixente recolle e regula o dereito de inasistencia a clase do alumnado de 3º de ESO en adiante. O alumnado de 1º e 2º de ESO en todo caso debe acudir ao centro con normalidade.

O alumnado que secunde a folga non poderá facer uso do transporte escolar nin acudirá ó centro en ningún momento da xornada lectiva. En caso de facelo, deberá incorporarse ás clases con normalidade durante o resto da xornada, para o que deberá vir provisto do material de traballo adecuado.

As faltas do alumnado que non asista ao centro e fosen autorizadas polas familias constarán como faltas xustificadas.

NOVA PARADA EN O SEIXO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación ven de autorizar unha nova parada na liña de O Temple en O Seixo. Cargará ao alumnado transportado ás 7:55 e ás 15:55 aproximadamente na marquesiña da Rúa Curros Enríquez, entre a rúa Ramón Cabanillas e o Paseo Marítimo.

O servizo comezará o luns 22 de febreiro. O alumnado que desexe facer uso da parada deberá previamente comunícalo ao Centro por correo electrónico (ies.miraflores@edu.xunta.es).

CONVOCATORIA DE PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO E A CICLO SUPERIOR.

PROBAS DE ACCESO A CICLO MEDIO:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-medio-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio van dirixidas ás persoas que non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao medio.

Para poder concorrer á proba é necesario ter cumpridos dezasete anos ou cumprilos no ano natural de celebración da proba.

A proba dará lugar a obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. A certificación da superación da proba dará acceso a calquera ciclo formativo de grao medio, nas condicións de admisión que se establezan.

 

PROBAS DE ACCESO A CICLO SUPERIOR:

http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-grao-superior-convocatoria-actual

 As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

A proba dará lugar á obtención dunha certificación na que constará a nota final lograda e a cualificación obtida en cada unha das partes que a compoñen. No caso de superación da proba, a devandita certificación incluirá a relación de familias profesionais ás que se poderá acceder, nas condicións de admisión que se establezan.

 

CALENDARIO DAS PROBAS DE ACCESO:

http://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/9041

 

Para máis  información: http://www.edu.xunta.es/fp/probasou no Departamento de Orientación do centro.

SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS

Segundo acordo adoptado pola Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros do día 27 de outubro de 2020, concédese unha subvención directa ao IES Miraflores de 9.540€ para actividades do Centro.

8 DE XANEIRO DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

A Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, concede como día non lectivo para o curso escolar 2020/2021, o:

-       VENRES 8 DE XANEIRO DE 2021.

AS CLASES COMENZAN O LUNS 11 DE XANEIRO.

Distribuir contido


by Dr. Radut