Skip to Content

Dinamización lingüística

FALANDO A BOCA CHEA

MENÚ COMEDOR MES DE MAIO

  

ANTONIO M.FRAGA NO IES MIRAFLORES

 

O mércores 27 de abril, o alumnado de 3º ESO asistíu no salón de actos do centro a unha charla de Antonio Fraga sobre o seu libro Santoamaro publicado pola Editorial Xerais.

Puidéronlle facer preguntas sobre a súa faceta como escritor así como doutros aspectos do libro e a continuación asinou os exemplares.

Unha sorte contar coa súa presencia...!

 

 

ENTREVISTA A ÓSCAR IGLESIAS DIRECTOR DO IES MIRAFLORES

17 GRUPOS GALEGOS QUE NON TE PODES PERDER

ENTREVISTA A MANOLO RIVAS

ENTREVISTA A DIEGO AMEIXEIRAS

V Concurso de Marcapáxinas Florencio Delgado

 

 

O Equipo de Dinamizacón da Lingua Galega do IES Miraflores convoca V Concurso de Marcapáxinas das Letras Galegas 2022.

O tema deste ano é a figura de Florencio Delgado, homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas

1. Participantes

Pode participar no  concurso todo o alumnado do centro.

2. Formato

O marcapáxinas realizarase nun rectángulo aproximado  de 22cm x 6cm. Debe ser cartulina sen motivos en relevo. A técnica será manual e libre e efectuarase  por unha soa cara.

3. Presentación de traballos

O marcapáxinas terá que recoller o nome do alumno/a e o curso.

4. Prazo e lugar de presentación

Os marcapáxinas serán recollidos polo profesorado de Lingua Galega que imparta clase en cada curso e a data límite de entrega será o venres 8 de maio.

5. Xurado

O Xurado estará composto por algún membro do Equipo directivo, a coordinadora do Equipo de Dinamización, un docente do centro e alumnado que pertence ao Equipo de Dinamización.

6. Criterios para a concesión do premio

A calidade e a orixinalidade dos traballos serán os criterios nos que se baseará o xurado para a resolución dos premios.

1º Premio. Agasallo e impresión do marcapáxinas para facer entrega ao resto do alumnado e profesorado

2º Premio. Agasallo

3º Premio, Agasallo

7. Entrega de premios

A entrega de premios  realizarase a mañán do luns 16 de maio na Biblioteca do Ies Miraflores

 

 

Menú de comedor Abril

Falando con Xoana

 

FALANDO CON XOANA

O mércores 6 de abril o alumnado de 3º e 4ºESO do IES Miraflores puido disfrutar no Salón de Actos do centro, da fermosa voz de Xoana.

A cantante porriñesa  intrepretou  algúns dos temas do seu disco Dardos  no que busca traballar «a prol da lingua galega», pero tamén tratar temas reivindicativos «en estilos que normalmente non se desenvolven en galego». Pop, rock, jazz, funky e reggae mestúranse nas  súas cancións  Uns traballos nos que  aborda  tamén as mulleres vítimas da violencia de xénero ou as persoas que teñen que marchar en busca dun fogar.

Estivo en todo momento acompañada  do seu  profesor José Portela que foi o que a animou a adicarse á música.

 

Xoana está a piques de sacar o seu segundo disco...que será de novo un éxito garantizado…

 

https://youtu.be/9t7AoqVxRvo

Distribuir contido


by Dr. Radut