Segundo a Orde de 19 de maio de 2021 pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2021/2022, a actividade lectiva en ESO e Bacharelato dará comezo o mércores, 15 de setembro, no horario habitual do centro, é dicir, de 8:30 a 14:10, e polas tardes de 16:20 a 18:00 o luns para a alumnado de 3º da ESO en adiante, e martes para o alumnado de 1º e 2º da ESO, estando operativos os servizos de transporte e comedor dende o primeiro día.
HORARIOS CURSO 2021-2022 PROTOCOLO COVID.
Respecto á regulación de circulacións e de entradas e saídas, determínase, conforme ao “Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022”, que se realice por colectivos con distancias horarias:
MAÑÁNS
|
8:00-8:30.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA.
ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.
ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL
9:20.- SEGUNDA SESIÓN.
10:05/10:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO.
10:25/10:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA.
11:20.- CUARTA SESIÓN.
12:05/12:10.- SAÍDA GRADUADA AO RECREO.
12:25/12:30.- ENTRADA GRADUADA Á AULA.
13:20.- SEXTA SESIÓN.
14:00.- SAÍDA 1º E 3º ESO.
14:05.- SAÍDA 2º E 4º ESO.
14:10.- SAÍDA 1º E 2º BACHARELATO.
ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.
ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL
|
TARDES
|
LUNS
3º E 4º ESO
1º E 2º BACHARELATO.
|
MARTES
1º E 2º ESO.
|
16:00-16:20.- ENTRADA GRADUADA AO CENTRO E Á AULA.
ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.
ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL
16:20.- SÉTIMA SESIÓN.
17:10.- OITAVA SESIÓN.
|
17:55.- SAÍDA 3º E 4º ESO
18:00.- SAÍDA 1º E 2º BACH.
|
17:55.- SAÍDA 1º ESO
18:00.- SAÍDA 2º ESO
|
ALUMNADO TRANSPORTE ESCOLAR: PORTA PISTA POLIDEPORTIVA.
ALUMNADO OUTROS MEDIOS: PORTA PRINCIPAL
|
O conxunto de medidas serán obxecto de revisión continua en función da evolución do risco sanitario e das decisión que adopten as autoridades sanitarias autonómicas e estatais. Estas medidas iranse actualizando cando sexa necesario, se os cambios na situación epidemiolóxica así o requiren.
RECEPCIÓN DO ALUMNADO O MÉRCORES 15 DE SETEMBRO
8:00 A 8:30 ENTRADA GRADUADA AO CENTRO POLOS LUGARES INDICADOS, ONDE AGARDARÁN OS/AS TITORES/AS.
NIVEL
|
ACCESO
|
RECPECIÓN
|
1º ESO
|
PORTA PISTA POLIDEPORTIVA
|
PISTA POLIDEPORTIVA
|
2º ESO
|
PORTA PISTA POLIDEPORTIVA
|
PISTA POLIDEPORTIVA
|
3º ESO
|
PORTA PRINCIPAL
|
PISTA DESCUBERTA
|
4º ESO
|
PORTA PRINCIPAL
|
XIMNASIO
|
1º BACH
|
PARKING
|
PARKING
|
2º BACH
|
PORTA PRINCIPAL
|
CORREDOR 2ª PLANTA
|
O Primeiro día todo o alumnado deberá facer entrega ao seu titor/a da declaración responsable asinada polo pai/nai, titor/a legal (Ver documentos adxuntos)
TRANSPORTE ESCOLAR.
O transporte escolar ten previsto iniciar a ruta na primeira parada ás 7:55. O alumnado novo deste servizo debe estimar o primeiro día a hora de paso pola parada asignada e presentarse con antelación suficiente.
Á espera da valoración das solicitudes presentadas e a asignación das prazas aos “usuarios excepcionais”, inicialmente, soamente poderá facer uso do transporte escolar o alumnado considerado “usuario lexítimo”, este é, o alumnado da ESO escolarizado no centro que lle corresponda polo seu domicilio. Os listados actualizados do alumnado con dereito a transporte escolar publicaranse no taboleiro do centro á maior brevidade posible.
“Instrución conxunta 1/2021, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade e da Dirección Xeral de Mobilidade da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, do 25 de xuño, sobre a xestión do servizo de transporte de escolares no curso escolar 2021-2022”.
Serán usuarios lexítimos do transporte escolar gratuíto as persoas alumnas cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios.
Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.
COMEDOR ESCOLAR.
O servizo de comedor é xestionado pola ANPA e prestado pola empresa Grupo Hostelero Asueto (Contacto: Alberto Aldrey 637/544332)