Skip to Content

blogue deadmin

ESTADÍAS LINGÜÍSTICAS DA CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria duplica este ano as prazas de estadías lingüísticas para o alumnado ao convocar un total de 1400. 

Podedes obter información máis completa no blog do Departamento de Orientación.

http://lacoladelperro.blogspot.com.es/2018/02/educacion-duplica-as-prazas-de-estadias.html

DE LERIA CON CASTELAO. BIBLIOTECA AS TORRES STA. CRUZ.

 

O 8 de febreiro, grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais de Oleiros, o alumnado de 2º ESO puido gozar da obra de teatro De leria con Castelao, da compañía Galeatro, que foi representada no auditorio das Torres de Santa Cruz.

As rapazas e os rapaces prestaron moita atención ao argumento, que ía entretecendo datos biográficos e versións dramatizadas de fragmentos da obra do autor rianxeiro.

 

Ademais, o actor Tone Martínez axudounos a reflexionar facéndonos preguntas sobre as historias de emigración das nosas familias. Fíxosenos moi curta a saída para todo o que tiñamos que contar!

ESPAZO CARDIOPROTEXIDO.

Dende a semana pasada o centro dispón dun equipo DESA (DesfibriladorSemi automático), o que o converte nun espazo cardioprotexido para todos.

 “Espazo Cardioprotexido” é aquel lugar que dispón dos elementos necesarios para asistir a unha persoa nos primeiros minutos dunha parada cardíaca.

A correcta atención á parada cardiorrespiratoria consiste na aplicación precoz dunha serie de accións coñecidas como cadea de supervivencia, que inclúe, por esta orde, o recoñecemento da situación e activación do sistema de emerxencias sanitarias, o inicio inmediato das manobras de soporte vital básico, a desfibrilación eléctrica precoz e a rápida instauración das técnicas de soporte vital avanzado. O único tratamento eficaz contra a fibrilaciónventricular é a desfibrilación eléctrica precoz.

Os profesores e o persoal do centro recibirán formación sobre a utilización deste equipo.

A adquisición foi posible grazas á colaboración do AMPA.

CAMPEONATO DE CAMPO A TRAVÉS. MONDEGO (SADA)

O pasado sábado 25 de novembro un grupo de alumnos do centro representando ao equipo do instituto participou na actividade de deporte escolar, programa Xogade, na modalidade de campo a través.

A competición realizouse no circuíto do CEIP Pedro Barrié da Maza en Mondego (Sada). O día foi perfecto para este tipo de carreiras cun circuíto húmido e un tempo frío e seco.

Os alumnos participaron nas categorías infantil masculino (1.200m.), cadete feminino (1.200m.) e cadete masculino (2.500m.). Os resultados foron os seguintes:

INFANTIL MASCULINO.

24º.- Steven Rosario Méndez.

CADETE FEMININO.

12ª.- Lucía Barcia Rama.

17ª.- Raquel Parga Torres.

32ª.- Lucía Díaz Codina.

34ª.- Celtia Río Santos.

CADETE MASCULINO.

24º.- Shay Smith López.

25º.- Daniel Barcia Rama.

27º.- Xián Fernández Louzao.

33º.- Álvaro Astray Fernández.

44º.- Álvaro Abades Mourenza.

49º.- Sergio Vázquez Manteiga.

56º.- Manuel Herrero Guillén.

Parabén a todos!!!

Podedes atopar máis fotos e vídeos no facebook do Anpa IES Miraflores Oleiros e na seguinte ligazón:

https://photos.google.com/share/AF1QipMkwrdBkN4bpW-_T3OvQDYyjur5Ym5ltWVlLLmWrArMy3g99e9pU6911NqrvGHr9Q?key=VXZwTHBCTkkydlJtdTlBZ0FmcFBNUDMxRTVVRW13

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut