Skip to Content

blogue deadmin

CHARLA HÉCTOR CAJARAVILLE

O luns 16 de abril o alumnado de 3 Eso tivo a oportunidade de charlar co autor do libro de galego que leron no 2 trimestre: Héctor Cajaraville.
A caixiña dos rancores unha obra que lles resultou moi amena e próxima ao ter o propio concello de Oleiros como lugar nos que a trama se desenvolve.
“ A xuíza Felpeto, acabada de chegar á localidade costeira de Valdomar, revoluciona a vila coas súas orixinais sentenzas. Cando Estevo é obrigado a pasar todo o verán visitando a Chiruca, a anciá a que atropelara co seu ciclomotor, imaxina unhas soporíferas xornadas aturando as historias daquela muller que cruzara polo paso de cebra sen mirar. Pero todo cambia cando a casualidade fai que o mozo descubra un segredo que ten na súa cerna a Chiruca e que ela mesma descoñece. Coa axuda de Paula, a noiva de Estevo, o nobelo daquel misterio irase desenredando ao mesmo tempo que xorde entre os tres protagonistas unha relación tan profunda como inesperada, que pasa por riba da diferenza de idade e que demostra que a amizade verdadeira non entende de prexuízos nin de convencionalismos.”
A actividade estaba organizada polo departamento de Lingua Galega.

MARÍA VICTORIA MORENO

O día 12 de abril, o alumnado de 3 ESO e 4 ESO asistiu a unha charla nas Torres de Santa Cruz sobre M. Victoria Moreno, escritora á que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas. A filóloga e profesora Montserrat Pena fixo un percorrido pola vida e obra desta autora extremeña pero que tanto traballou pola nosa lingua.

A actividade estaba organizada polo Concello de Oleiros e o Departamento de Lingua Galega do IES Miraflores

GAÑADORES V CERTAME MICRORRELATOS

Relación de premiados do V Certame de Microrrelatos. Deberán de acudir o 23 de abril ás 12:10 horas á Biblioteca. O resto de participantes recibirán cada un deles un obsequio que se lles fará chegar á súa clase. De calquera forma poden acudir á entrega.

 

1ºESO               

Martín Domínguez Taboada         A

Nicolás Lopez Modia                    B

Carla Negreiro Soto                     C

 

2ºESO

Javier Lourido Valverde                A

Lucas Varela Sambade                A

Mateo Folla Landeira                   C

 

3ºESO

María Valle Ares                             A

Celtia Río Santos                          C

Sergio Puertas Pérez                    C

 

4ºESO               

Fernando García Ortiz                  B

Delia Serrano Baptista de Sousa B

Tomás García Barreiro                 B

 

BACHARELATO

Manuel Loureiro Muiños               1º

Laura López Chas                         2º

O BO, SI BREVE... ACHEGAMENTO Á MICROFICCIÓN.

Os días 6 e 7 de abril tivo lugar nas Torres de Santa Cruz a actividade " O bo se breve...", unha amena introducción ao microrrelato guiada pola profesora e escritora Isabel Andrés, da Universidade de Salamanca.
O alumnado de 3º de ESO participou con entusiasmo e demostrou a súa creatividade poñendo  título e facendo  interpretacións e análisis moi interesantes dos  moitos microrrelatos que alí se mostraron. 

ENCONTRO LEDICIA COSTAS

O luns 9 de abril pola tarde o alumnado de 1ºESO desprazouse ata á Torres de Santa Cruz onde as Bibliotecas Municipais tiñan preparado  un encontro coa autora Ledicia Costas. Levaban moitas preguntas sobre o libro Jules Verne e a vida secreta das mulleres planta. E ao noso alumnado quedoulle claro que para unha rapaza de Vigo como Ledicia, lectora e admiradora de Jules verne na adolescencia, descubrir que o grande da literatura xuvenil estivera na súa cidade en dúas ocasións causáralle un grande impacto. E claro, como escritora non se puido resistir a recrear esa visita de Verne. Algúns preguntaron como se iniciara como escritora. E deulles un consello que nos encantou: primeiro hai que ler, ler moito.

AULA DO MAR DE MERA E ROTEIRO COSTA DE DEXO

 

 

Os días 5 e 6 de abril os tres desdobres  da materia de Bioloxía e Xeoloxía de 1º ESO realizaron unha visita á Aula do Mar do CEIDA e un roteiro pola costa de Dexo. Esta actividade estivo dirixida por persoal do CEIDA.

O primeiro día destacamos o roteiro pola costa de Dexo  e comprendimos de primeira man o que o significa un Monumento Natural.  Baixamos ata o Porto de Dexo e alí explicáronnos como influiu na marea a construcción do dique de abrigo e o uso deste pequeno porto en épocas pasadas.  Polo camiño, fixemos varias paradas nas que nos ían explicando as adaptacións da flora á influencia da salinidade da costa, as especies de aves máis representativas da contorna  como os cormoráns, o paíño, etc e aspectos máis xelóxicos como o  da a formación dos bufadoiros, o desgaste da acción mariña sobre os cantís, etc, ….

O segundo día tivemos moi mal tempo, e a actividade tivo que ser adaptada ao interior da Aula do Mar. Alí ademais de atender ás explicacións sobre os diferentes tipos e usos que se lle poden dar aos faros aprendimos aspectos sobre flora, fauna e elementos etnográficos deste entorno protexido. Xa avanzada a mañá trasladámonos ao Castelo de Santa Cruz onde nos explicaron a súa historia e fixemos dinámicas de grupo.

 

LISTAXE PROVISIONAL DE ADMITIDOS CURSO 2018/2019

Achégase a listaxe provisional de alumnos admitidos para o próximo curso 2018/2019. Antes do 15 de maio publicarase a listaxe definitiva.

ÉXITO DA "II CARRERA DE LA LUZ"

Eles son só unha pequena representación dos alumnos que participaron dalgunha maneira na II Edición da "Carrera de la Luz". Cada un buscou o seu sitio: algúns correron, outros participaron cun dorsal 0, a outros os vistes no gardarroupa, na gardería, axudando aos pais co chocolate, desenvolvendo o sorteo de premios, entregando dorsais ou no punto de avituallamiento.

Despedimos esta Edición da "Carrera de la Luz" facéndolles unha homenaxe porque os alumnos sempre son e serán os protagonistas de calquera bo proxecto educativo que desenvolva unha escola. Todos os corredores que formalizastes as vosas inscricións, todas as empresas que fixeron achegas, todos os que dalgunha maneira colaborastes, conseguísteis enviar 3.282 euros a Nepal pero, o máis importante, é que colaborastes na trasmisión duns valores aos nosos novos alumnos: a implicación e participación directa en accións solidarias aínda que as cousas non saian tan perfectas como a todos gustaríavos, a importancia de valorar as necesidades dos demais e valorar o que se ten, a importancia de participar sen a presión de ser o gañador. Por un día, imos permitirnos ir en contra das "normas" da sociedade na que vivimos, imos tentar conseguir algo todos xuntos, chegando á meta de primeiros ou de últimos, cada un dunha maneira, sen competencia. Todos temos capacidade para levar "LUZ".

Ata a próxima edición.

SIMULACRO DE EVACUACIÓN.

Onte, xoves 22 de marzo, realizouse un simulacro de evacuación do instituto. Simulouse a existencia dun lume nas cociñas do comedor que deu lugar á evacuación de todos os alumnos do centro de maneira controlada. En pouco máis de 6 minutos as aulas estaban baleiras coas xanelas e portas pechadas e todos os alumnos acompañados polos seus profesores ordenados en filas nas pistas exteriores.

Haberá que continuar practicando o protocolo de evacuación de maneira regular para puír pequenos detalles que poden ser mellorados.

POESÍA E TEATRO DE FEDERICO GARCÍA LORCA.

No marco das actividades de fomento da lectura organizadas pola biblioteca Rialeda, os nosos alumnos/as  de 4º de ESO asistiron á declamación de fragmentos das principais obras  (incluída Seis poemas galegos)  do noso poeta máis universal. 
Levados da man pola arte de Soledad Felloza, poideron así acceder a unha privilexiada toma de contacto  con  este emblemático integrante da xeración do 27, tema que forma parte do currículum de 4º e que estudaremos na seguinte avaliación.
A atención e o comportamento do alumnado foron moi satisfactorios.

Profesoras acompañantes:
Esther Lorenzo e Beatriz Lage.

Distribuir contido


by Dr. Radut