Skip to Content

Blogues do centro

100% APROBADOS PROBAS DELF B1 E B2

100% de aprobados dos alumnos de francés que se presentaron ás probas externas DELF.

 DELF B1.

Valeria García Martínez.

Flavia Penedo Allobre.

DELF B2.

Sandra Chacón Pérez.

Anxo Díaz Sande.

Marina Herrero Guillén.

Inés María Varela Ortega.

Parabéns!

CONCURSO PICASSO CORUÑÉS

 

 

O IES Miraflores participou no concurso Picasso coruñés que convoca a Asociación de Prensa da Coruña. O obxectivo é que o alumnado imite os xornais que facía o neno Picasso cando viviu na cidade. Na categoría de 12 a 14 anos houbo tres alumnas nosas, Inés Leivas, Candela Nuín e Alicia Redding que conseguiron accésits. Mar Barreiro gañou o premio á mellor ilustración e Isaac Mouzo gañou o premio á mellor redacción. 

A entrega realizouse o venres 22 de xuño no Salón do Eusebio da Guarda e os traballos premiados están expostos na Casa Museo de Picasso onde se poden ver neste mes.

 Alicia, Candela, Inés, Mar, Isaac...artistas!

 

PRIMEIROS AUXILIOS.

Os días 4 e 6 de xuño os alumnos de 4º da ESO tiveron a oportunidade de recibir formación en Primeiros Auxilios nas sesións de Educación Física. Para o desenvolvemento da actividade contouse coa colaboración do Dr. José Palacios Aguilar, director do Grupo de Investigación en Actividades Acuáticas e Socorrismo da Universidade da Coruña.

As evidencias sobre a efectividade desta actividade quedaron patentes a través da comparación dunha enquisa inicial e final pasada a todos os participantes sobre os seus coñecementos e destrezas en primeiros auxilios.

“O máis relevante é que case o 98,3% dos alumnos participantes estarían dispostos a realizar RCP básica e o 100% a usar o desfibrilador, co que é posible que algún día salven a vida de alguén que necesite a súa axuda”.

ROTEIRO CULTURAL E LITERARIO

Os días 5 e 6 de xuño desenvolveuse o Roteiro Cultural e Literario 2018. Este é un proxecto do Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais de Oleiros, xunto co Servizo de Normalización Lingüística, o IES Miraflores e o IES María Casares. Cada curso, o alumnado de 1º BAC redacta as biografías de determinadas personalidades relacionadas co noso concello, coas que se elabora un caderno conmemorativo. Nesta ocasión, os homenaxeados polo Roteiro foron o pintor Antonio Tenreiro Brochón, a xornalista e escritora Anisia Miranda e o coleccionista José María Kaydeda.

Este ano, catro das nosas estudantes foron escollidas para presentar estas traxectorias aos seus compañeiros e a outros escolares oleirenses. Así, nos días sinalados, grupos de estudantes pasaron a mañá percorrendo o concello para lembrar estas figuras.

Nas Torres de Santa Cruz visitaron o Museo dos Oleiros para descubrir a José María Kaydeda e a súa colección de olaría tradicional ibérica. No Auditorio da Fábrica, en Perillo, os estudantes do IES Neira Vilas presentaron a figura de Anisia Miranda. Do seu contacto con esta escritora e co seu marido, Xosé Neira Vilas, tamén nos falou o músico Roi Casal, que nos interpretou algunhas das súas pezas coa harpa. Para terminar, xa na Casa Charry, o museólogo Felipe Senén presentounos algúns dos cadros de Tenreiro Brochón, que foron cedidos pola súa familia para a ocasión.

INVESTIGANDO A VACINA DA VIH.

O mércores 30 de maio o alumnado de 1º A de bacharelato asistiu a un taller práctico de biomedicina  impartido nos laboratorios da DOMUS. O obxectivo do mesmo era participar na investigación iniciada poloInstituto de Investigación da Sida IrsiCaixa, para desenvolver unha vacina contra o VIH.

Os nosos estudantes comprenderon que para desenvolver unha vacina fai falla que o  antíxeno candidato (neste caso proteína pertencente ao VIH) cumpra tres requisitos fundamentais:

Capacidade inmunoxénica comprobada.

Que sexa unha proteína importante no ciclo replicativo do virus.

E por último que sexa universal.

Centrándonos neste último requisito, os nosos incipientes investigadores de 1º de bacharelato analizaron unha rexión do ADN da variante europea, asiática e africana do VIH, que fabricaba a hipotética proteína coa que elaborar a vacina; a fin de determinar, mediante o uso de técnicas moleculares a homoxeneidade e, polo tanto, universalidade de dita secuencia.

Para tal fin realizaron técnicas como a dixestión do ADN con enzimas de restricción, electroforese dos fragmentos en xel de agarosa e visualización por ultravioleta do patrón de dixestión obtido para cada variante.

Trala análise dos resultados foron quen de extraer as súas conclusións científicas.

Parabéns a todo o alumado pola vosa implicación nesta experiencia e grazas ao persoal da DOMUS que tan amablemente nos acolleu!

VISITA A LUGO (CASTRO VILADONGA E MURALLAS)

 

O Departamento de Xeografía e Historia organizou unha saída o luns 28 de Maio. Visitamos o Castro de Viladonga (Castro de Rei) onde coñeceron as características da cultura castrexa (organización, partes dos castros, economía...), e realizaron actividades grupais "in situ" sobre as caracterís-ticas das vivendas (medición das dimensións...). Outro grupo asistiu a un taller de numismática e elaboraron unha moeda como exemplo e recordo da visita.
Despois de xantar á beira do río Miño, dirixímonos á cidade de Lugo (antiga Lucus Augusti romana), onde percorremos parte do seu recinto amurallado, para finalizar cun paseo arredor da Catedral e Praza Maior.

VISITA AQUACIENCIA, CASTELO S. FELIPE E MUSEO HISTORIA NATURAL

O pasado martes 15 de maio os estudantes de 4º de física e química fixeron unha excursión a Ferrol.

Comezamos o día coa visita ao parque temático Aquaciencia,  un espazo para aprender e para xogar co que é o principal elemento deste planeta: a auga.
Seguimos coa visita ao Museo de Historia Natural. No museo puidemos apreciar pequenas coleccións, froito dos moitos anos de traballo de varias xeracións de naturalistas.  O que máis impresionou aos rapaces foi, sen dúbida, o esquelete dunha balea común que preside a exposición dos animais mariños. 

E como remate desta excursión multidisciplinar,  achegámonos ao Castelo de San Felipe, que foi unha das fortalezas militares de Ferrol. 

Grazas á guía puidemos coñecer as estratexias defensivas do século XVI e como este castelo, xunto co da Palma e San Martín, formaban un triángulo impenetrable da entrada por mar a Ferrol. 

En definitiva, foi unha xornada intensa, pero moi gratificante, onde ademáis de aprender aspectos propios da materia, aprendimos un pouco máis de bioloxía e da nosa propia historia.

ANAGNÓRISE

Grazas á colaboración das Bibliotecas Municipais de Oleiros, o alumnado de 1º BAC puido asistir nas Torres de Santa Cruz a unha charla sobre Anagnóriseunha das novelas de María Victoria Moreno, que foi a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018.

 A actriz e fotógrafa Sole Felloza foi a encargada de descubrirnos algunhas facetas menos coñecidas da escritora e axudarnos a reflexionar sobre os personaxes e o argumento da obra.

Distribuir contido


by Dr. Radut