Skip to Content

blogue deadmin

FELICITACIÓN DE NADAL

VISITA DO SECRETARIO DA FUNDACIÓN MANUEL MARÍA AO INSTITUTO

O xoves 20 de decembro o secretario da Fundación Manuel María, Alberte Ansede, estivo no noso centro para explicarlles como se creou a Casa Museo e a Fundación. Pedímoslle que entregase os premios do Concurso Enquisas da Exposición Manuel María. Amor, beleza e compromiso, cedida pola propia Fundación. As gañadoras foron Lucía e Inmaculada de 1º ESO e Celtia de 4º ESO. Parabéns!

ACTIVIDADE DE ZUMBA PARA 2º ESO

Os rapaces e rapazas de 2º ESO desfrutaron do Programa Complementario de Educación Física ofrecido polo Concello, asistindo a clases de ZUMBA nas instalacións municipais entre o 27 e 30 de novembro. Segundo nos relataron, a actividade resultou do máis divertida e foi un éxito en canto a participación. Parabéns aos organizadores!

SAÍDA Á ORQUESTRA SINFÓNICA DE GALICIA

 

O pasado día 22 de novembro os alumnos de 3º ESO acompañados de cinco profesores asistiron  no Palacio da Ópera da Coruña a unha actividade promovida polo departamento de Música.

Alí escoitaron o ensaio da Sinfonía nº 7 de Sostakovich en Do Maior, unha obra extensa, de ambientación bélica que recreaba os meses pasados por este compositor na cidade de Leningrado durante o asedio do exército nazi durante a Segunda Guerra Mundial.

Os alumnos tiñan que tomar nota daqueles aspectos musicais e orquestais que lles chamasen a atención e facer un comentario por escrito da audición.

Dirixía o ensaio o ruso Dima Slobodeniuk, director titular da OSG que quixo recoller cálidamente un debuxo que lle  fixera Mar Velázquez, alumna de 3ºB, mentres éste ditixía o ensaio.

Foi unha saída perfecta e moi satisfactoria.

EXPOSICIÓN SOÑOS NA GAIOLA

Todo o alumnado de 1ºESO colaborrou na elaboración desta exposición sobre "Os soños na gaiola". Partiron dos debuxos que Leandro Lamas creou a partir de 12 poemas deste libro. Contaron coa axuda dos compañeiros e compañeiras de 4º ESO de EPV. Os cadros orixinais de Leandro están durante este mes de decembro expostos no corredor perto da Biblioteca.

A ANPA ORGANIZA UN OBRADOIRO DESTINADO A PAIS E NAIS SOBRE TÉCNICAS DE ESTUDO, ESTE MARTES 27 DE NOVEMBRO ÁS 20:00 H

Adxuntamos a convocatoria do obradoiro de Técnicas de Estudo organizado pola ANPA destinado a nais e pais do alumnado do IES Miraflores. Esta invitación tamén se fai  extensiva a todos aqueles pais e nais da contorna que queiran sumarse a esta proposta.

Para acceder á información pinchade no arquivo adxunto.

REMATE DAS VISITAS Á TERRA CHÁ CON 1º ESO C

O martes, 13 de novembro, o grupo de 1ESO C chegou á sede da Fundación Manuel María nun día típico do outono chairego. Despois da visita guiada pola casa e de levar flores ao cemiterio recitaron os poemas elixidos de Os soños na gaiola. O recitado rematou coa interpretación de Galicia docemente, musicada por Suso Baamonde e O carro, musicada por Baldomero Iglesias, que é a canción preferida da clase. Fixeron unha pequena ruta ata a carballeira de Santa Isabel onde viron o carballo que plantara Manuel María ao lado do monumento que lle dedicou a AELG. Despois de xantar achegáronse á Lagoa de Cospeito e puideron descubrir as pegadas dalgúns mamíferos que alí viven. 
Rematamos as nosas visitas á Terra Chá de Manuel María. Damos as grazas ao concello de Oleiros pola organización destas saídas; a Antón, o guía da Casamuseo, e a Nati, Fran e Marta os monitores que nos acompañaron.

Distribuir contido


by Dr. Radut