Este mércores 13 de febreiro o IES Miraflores participou na fase galega da X Olimpiada de Xeoloxía na facultade de Bioloxía da USC. Representounos un grupo de once alumnos/as de 4ºESO (Celtia, Eva, Julia) e 1º Bacharelato (Bea, Sofía, Lara, Fernando, Diego, Marcos, Tomás e Carlos) que mediron as súas forzas cun centenar de rapaces chegados de todas as partes da provincia. Alí foron calurosamente recibidos polo decano da facultade, a directora do departamento de Edafoloxía e pola responsable territorial da AEPECT Galicia, Laura Fernández.
En primeiro lugar realizaron a competición por equipos. Pasaron a mañá percorrendo o Campus Sur, brúxula en man, identificando rochas e estruturas xeolóxicas na ximcana deseñada especialmente para este evento. A climatoloxía non puido ser máis propicia!
Xa pola tarde tivo lugar a proba individual e a continuación a visita aos herbario da facultade e a interesante charla sobre plantas hiperacumuladoras de metáis pesados.
Este ano o índice de participación foi moi elevado, dobrando o número de participantes con respecto ao ano pasado, indicativo de que a “Xeoloxía” engancha, como ben argumentou Laura desde a tribuna da Aula Magna da Facultade.
Parabéns aos nosos olímpicos por participaren nesta edición! O fixéchedes moi ben!