O pasado xoves 21 de febreiro o alumnado de 1 BACH tivo o grande privilexio de poder conversar co escritor coruñés Manuel Rivas e sobre o libro que leron en Literatura Galega no segundo trimestre As voces baixas.
Unha novela da vida.Unha amalgama de historias...As voces dos nenos,das mulles que falan soas,dos emigrantes,dos mosrtos,dos animais... As voces dos que non queren dominar e se nutren de palabras e contos.
Unha obra intimista,tenra e singular,na que o autor vai desgranando lembranzas da súa infancia e adolescencia. Unha mirada íntima e poética chea de humor e dor dos seus primeiros case vinte anos de vida, coa familia nese mar de fondo e onde está presente a súa irmá maior, María...
O alumnado puido comprobar a sensibilidade e xenerosidade do autor ao contar historias e compartir as súas vivencias...
Ao final da charla asinou exemplares e demostrou que ata neses detalles é un escritor preocupado polos seus lectores...As súas adicatorias son unha verdadeira xoia para gardar nos andeis da memoria...