Skip to Content

Blogues do centro

PRABÉNS! O NOSO EXALUMNO JUAN MANUEL LORENZO NAVEIRO RECIBE O PREMIO EXCELENCIA ACADÉMICA DE GRAO.

O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, e o reitor da Universidade de Santiago, Antonio López, entregaron hoxe un recoñecemento aos dous mellores expedientes do campus compostelán galardoados cos Premios de Excelencia Académica de Grao correspondentes ao curso 2018/19. Trátase de JUAN MANUEL LORENZO NAVEIRO (estudante de Matemáticas) e de María Allegue Criado (de Maxisterio en Educación Primaria), que estivo representada pola decana da Facultade de Educación por non poder asistir.

Durante o acto o conselleiro de Educación agradeceu o esforzo e compromiso do alumnado universitario que, como dixo, son “os mellores vectores de calidade das nosas universidades” e representan “a Galicia do futuro, do esforzo, do compromiso do traballo ben feito e a Galicia da vangarda e excelencia”.

Román Rodríguez recordou o compromiso da Xunta de Galicia coa excelencia a través destes premios, que van pola súa segunda edición e non existen en outras comunidades autónomas, cos que se pretende motivar o alumnado universitario para mellorar o seu currículo ao recoñecer a súa actitude de compromiso co seu proceso formativo e o seu mérito e esforzo no estudo. “Para nós, estimular o aproveitamento académico significa seguir apostando pola construción dun sistema universitario excelente, competitivo e de calidade”, engadiu.

PROBAS DELF 2020

Temos de novo o 100% de aprobados nos exames de Delf B1 de este ano 2020.

 

  • ASCÓN DEL CAMPO, Carolina
  • GARCIA ASTRAY, Lucía
  • GARCÍA MARTÍNEZ, Luis Fernando
  • LEIVAS ALFONSO, Inés
  • RODRIGUEZ AMADOR, Daniel
  • TOMÁS FERNÁNDEZ, Alexandra

Parabéns!

No departamento de francés estamos moi content@s, e tamén é unha alegría e un honor para  o noso instituto acadar sempre  o 100% de aprobados e con moi boas notas.

MOITA LETRA. 2020 -2021

HORARIOS DOS CLUBES DE LECTURA

1ESO, DIANA: ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA

3ESO, M CARMO: Lit. xuvenil en portugués. “PONTE NH”

4ESO, SUSANA: MITOLOXÍA

4ESO, ISABEL: “LES TI, LEO EU” Libros preferidos d@s participantes.

4ESO, EMILIO: CLÁSICOS EN FRANCÉS

4ESO, ELENA: MULLERES de CIENCIA

1BAC, NILO: FILOSOFÍA.la sociedad de la transparencia e Flatland

2BAC, NILO: FILOSOFÍA. La sociedad del miedo e Andar, una filosofía

CLUB ADULTAS, CONCHA: NOVELA NEGRA HISTÓRICA

 

      Comezamos co club de lectura do presente curso. Despois da incerteza do comezo de curso, decidimos darlle continuidade a esta actividade tan interesante.

 En 1ESO van ler Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas. Lerán conxuntamente esta obra (uns capítulos todos xuntos e outros, na casa) para, despois, analizaren a historia, falaren de gastronomía e cociña e faceren xogos relacionados co libro. 

En 1ESO, 2ESO e 3ESO: continúan co Proxecto PONTE NH. Lectura libros xuvenís en portugués. 

En 4ESO teñen ofertados varios clubs:

Lecturas Mitolóxicas. Selecta das Metamorfose de OVIDIO. lectura conxunta de episodios que serán ilustrados pola profesora coa escolla de imaxes e vídeos e lectura da fonte directa. Elaboración dun traballo, de libre elección ( cómic, escena teatral, canción…) sobre o mito que prefira a alumna e que posiblemente será colgado no blog da Biblioteca

Les ti, leo eu. Lectura dunha obra da literatura contemporánea, xuvenil ou non, elixida por cada alumno/a participante. Deseño dun marcapáxinas alusivo á obra lida.

Voltando aos clásicos franceses. Trátase de aproveitar as adaptacións de novelas ou teatro dos inesquecibles autores franceses, cuxas obras tiveron un impacto e influencia na literatura universal. Tamén abordarán algún libro salientable dos filósofos e pensadores do “Siècle des Lumières”, que é un tema abordado no primeiro trimestre do presente curso.

Lectura de Mulleres de ciencia. Comentario dos logros de cada científica que aparece no libro, e busca en internet dalgunha cuestión relacionada co seu labor. Tamén visionado de Hipatia

1BAC Lecturas guiadas de filosofía.  Teñen dous grupos, un en español e outro en portugués. La sociedad de la transparencia e, en portugés, O mundo plano

2 BAC Lecturas guiadas de filosofía. Poden elixir entre La sociedad del miedo e Andar, una filosofía. Traballarán disertacións sobre o libro elixido.

Club de lectura de adultas. Novela negra histórica. Lerán Ladrones de tinta, La flecha amarilla, Los planificadores.

 

PUBLICACIÓN LISTAXE FONDOLIBROS

A listaxe de libros adxudicados no Fondo Solidario está dispoñible no taboleiro de anuncios do IES. Os solicitantes tamén poderán acceder por vía electrónica co seu expediente a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da FNMT.

PREMIO ESPECIAL DE NARRATIVA NO FESTIVAL DE PARDIÑAS

 

INES E NOA CON MERO

Parabéns aos 14 alumnos e alumnas de1ESO que participaron no Certame de Narrativa Terra Chá que organiza "Xermolos" de Guitiriz. O xurado decidiu dar un premio especial ao alumnado do Miraflores pola recreación da viaxe a Outeiro de Rei e San Paio de Narla, e a presenza da obra de Manuel María que aparecía en cada un dos contos.

Neste XLI Certame de Creación infantil e xuvenil, presentáronse 720 traballos nas distintas especialidades. Os premios entregáronse o sábado 22 de agosto. Alfonso Blanco Torrado, coordinador de Xermolos, no seu discurso na entrega dos premios, resaltou o exemplo que deron os rapaces e rapazas durante o confinamento. Concordamos totalmente con el.

Os premios foron entregados pola alcaldesa de Guitiriz e por Mero, o autor da música do poema "O Carro". Na foto podedes ver a Inés e Noa con Mero quen manda unha aperta moi forte para todos os participantes e ánimos para seguir escribindo.

 

Estes son os contos:

 Adri. Segredos das terras do Miño.

Antía. O carro de Cospeito.

Breixo. A misteriosa desaparición do poema.

Claudia.Misha e as súas aventuras.

Diego Lema.

Fernando. A cova de Penas de Rodas.

Inés. A guerra na Fortaleza de San Paio de Narla.

Irene Rostro. Unha misteriosa tarde na provincia de Lugo.

Irene Sánchez. O rapaz que quizo descubrir o misterio das Penas.

Javi Paz. A estraña música.

Nacho. No solsticio de verán.

Noa. O ladrón das navallas.

Samu Franqueira. Excursión catastrófica.

Yanira. Era Manuel María.

 

 

Listaxe provisional de admitidos e excluídos de FondoLibros

Para consultar esta listaxe deberá acudir ao taboleiro de anuncios do instituto ou ben acceder por vía electrónica a través da aplicación FondoLibros empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre.

Os vales para a compra de material de aqueles alumnos beneficiarios e matriculados agora en xuño, poderán recollerse no instituto a partir do luns 13 de xullo.

TRABALLOS DO ALUMNADO DE 1º ESO NA MATERIA DE INGLÉS

                        Dan in London

 

dan                                             Peter Pan

Peter

 

 

Enlace aos tráilers mais recentes da última versión de Peter Pan y Wendy no cine; 

Enlaces directos aos libros online Dan in London  e Peter Pan

 

 

Enlaces a sitios web de acceso gratuito a lecturas, por exemplo english e-Reader 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut