Skip to Content

Dinamización lingüística

PAULA CARBALLEIRA

MAQUETAS 4º ESO

XINCANA DAS NOSAS LETRAS

O luns 17 de xuño, ás 16:20, o alumnado de 1º BACH desfrutou ao máximo dunha Xincana Literaria organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

Por grupos, tiñan que ir resolvendo unha serie de probas relacionadas coa nosa literatura, lingua ou cultura xeral.

Identificados os 10 grupos co nome de escritores/as galegos/as ilustes, tiñan que dirixirse a distintos puntos do centro unha vez que resolvían a pista inicial que os conducía a ese lugar. Unha vez alí, desenvolvían a proba con menor ou maior dificuldade.

 

As gañadoras da XINCANA DAS NOSAS LETRAS foron as integrantes do grupo de “Xela Arias”:

  • Mar Negreira, Lucía Iglesias, Alba Barreiro e Aldara Rodríguez.

As carreiras, as gargalladas e mesmo os enganos estaban asegurados!!!!

Unha tarde diferente na que a rapazada e o profesorado pasouno en grande...

Uns agasallos doces serviron de colofón a tanto esforzo...

Moi bo verán a todos/as!!!!

 

EVA MEJUTO. A LADROA DA BIBLIOTECA DE MEIRÁS.

O luns 27 de maio ás 9:20h o alumnado de 1º bacharelato do IES Miraflores,asistíu a un encontro coa escritora Eva Mejuto.

A autora de novelas como Memoria do silencio e 22 segundos faloulles da novela que leran no segundo trimestre: A ladroa da Biblioteca de Meirás.

A través da figura de Mariña, Luisito e moitos máis personaxes, a rapazada revivíu unha  fermosa historia que ten como eixo o roubo dos libros na biblioteca do Pazo de Meirás.

Facía mal en coller «prestados» os libros? Á familia roubáranlle a casa para facer a residencia de verán do Xeneralísimo, así que estaba no seu dereito. E ese verán pasarían tantas cousas que todo cambiaría de vez na vida de Mariña, no Pazo de Meirás e, talvez, no país enteiro...

A actividade estaba organizada polo departamento Lingua Galega e o Equipo de Dinamización do IES Miraflores.

 

ANDREA MACEIRAS

O luns 20 d emaio ás 10:30h o alumnado de 3º ESO tivo a grande sorte de contar,unha vez máis,coa presenza da escritora Andrea Maceiras.

A rapazada puido preguntarlle polo seu libro A folla azul e polas tribos indíxenas do Amazonas que viviron alí desde o inicio dos tempos. Algunhas delas aínda manteñen relación coa civilización, mentres que outras decidiron permanecer voluntariamente ocultas no corazón da selva. Husu Aké, membro da tribo dos Tacaré, filla da Nai Terra e habitante do mundo verde contoulles a súa historia e con ela visualizaron un mundo moi afastado para eles pero co que puideron sentirse solidarios.

A actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua galega e o Equipo de Dinamización.

GAÑADOR DO CERTAME DESCUBRINDO OLEIROS

Parabéns!!!!!!

 

Categoría 5

Título: Amigos

Autor: Ignacio Márquez Ricoy

Centro de ensino: IES Miraflores (1º de bacharelato)

 

Correlingua 2024

O Correlingua é unha iniciativa normalizadora que leva desde o ano 2006 levando a centos de centros educativos a dar pasos pola defensa e promoción do uso da nosa lingua.

 

O pasado 10 de maio un par de grupos de 1ºESO, xunto co alumnado de PDC e seis profesoras fixemos unha andaina polo paseo marítimo da Coruña para rematar nunha grande festa ao pé da Torre de Hércules. O día foi solleiro e espléndido, o que permitiu que gozásemos tanto do paseo como da compañía doutros centros educativos da  contorna, coincidindo ademais con alumnado de outros CEIP de Oleiros, de especial interese para o alumnado que desfrutou en compartir actividade con irmáns ou amigos que un ano atrás acudían con eles e elas ao mesmo cole.

 

GAÑADORAS DO CONCURSO DE MARCAPÁXINAS. LETRAS GALEGAS 2024. LUISA VILLALTA

LOIS PÉREZ E A TRIBO DO MAR

O mércores 15 de maio o alumnado de 3º ESO C e D tivo o pracer de compartir unha hora co escritor lucense Lois Pérez, que xa nos visitara o curso pasado para conversar sobre A gruta da torre.

 

Nesta ocasión, a charla versaba sobre o seu libro  A tribo do mar Premio Raíña Lupa de Literatura Infantil e Xuvenil.

Unha aventura que mira as feridas do mundo e navega polas súas historias invisíbeis. Como unha tribo do mar.

Ademais de falar dos protagonistas da novela e dalgunha que outra vivencia de carácter persoal, adiantou tamén cal será o libro que sairá ao prelo nos vindeiros meses e que gañou recentemente o premio MarÍa Victoria Moreno de Literatura Infantil e Xuvenil : Cartas na escuridade, que el mesmo definiu como irmán de A tribo do mar.

A Actividade estaba organizada polo Departamento de Lingua Galega e o Equipo de Dinamización Lingüística do IES Miraflores.

MENÚ MES DE MAIO

Distribuir contido


by Dr. Radut