Skip to Content

blogue deadmin

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS ADMISIÓN ORDINARIA 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DEFINITIVAS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO EN 1º E 2º ESO (por ser os postos escolares ofertados inferiores ao número de solicitudes de admisión): 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada a ditas listaxes ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

CALENDARIO FIN DE CURSO 2º BACHARELATO – CONVOCATORIA ORDINARIA – MAIO 2024

Segundo a Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa: Será necesaria a avaliación positiva en todas as materias dos dous cursos de bacharelato para a obtención do título de bacharel”.

O alumnado que non supere algunha materia, logo da avaliación final do período ordinario, coa finalidade de facilitar a súa recuperación, terá dereito a realizar unha proba extraordinaria entre o 10 e o 12 de xuño (segundo calendario elaborado dende Xefatura de estudos).

Entrega de boletíns da convocatoria ordinaria de 2º de Bacharelato:  O xoves, 16 de maio, ás 08:30 horas, a xefa de estudos fará entrega no Salón de actos dos correspondentes boletíns xunto coa documentación necesaria para que o alumnado que titule poida solicitar o título de bacharel e proceder a formalizar a matrícula na ABAU, se así o desexa.

Referencias legais do procedemento de reclamación das cualificacións e das decisións de promoción e titulación:

Orde do 26 de maio de 2023 pola que se desenvolve o Decreto 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia e se regula a avaliación nesa etapa educativa.

 Instrución 10/2023 da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se establecen para o curso 2023/2024 os prazos e o procedemento para as reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa.

Revisión das cualificacións no centro: Durante o luns 20 e o martes 21 de maio, de 9:00 a 13:30 horas, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas nais, pais ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán solicitar ao profesorado a revisión das diversas probas e as aclaracións que consideren precisas (Anexo 1).

No suposto de que, tras as oportunas revisións e aclaracións, persista o desacordo con algunha cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou as súas nais, pais ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán solicitar por escrito no centro (Anexo 2) nese mesmo prazo (luns 20 e martes 21 de maio, de 9:00 a 14:00 horas) a revisión da devandita cualificación por parte do correspondente departamento didáctico. Este emitirá un informe que recollerá, entre outros aspectos, a decisión adoptada de modificación ou ratificación da cualificación final obxecto de revisión. En todo caso, a reclamación formal abranguerá unicamente as cualificacións finais.

Notificación escrita por parte da dirección do centro aos/ás interesados/as da decisión razoada de ratificación ou modificación da cualificación revisada por parte do departamento: Esta levarase a cabo o mércores, 22 de maio, ás 18:00 horas, na Xefatura de estudos do centro.

Reclamación ante Xefatura Territorial:  No caso de que, tras o procedemento de revisión no centro, persista o desacordo coa cualificación final, o alumnado, de ser maior de idade, ou a súa nai, pai ou as persoas titoras legais, de ser menor de idade, poderán presentar por escrito á dirección do centro durante o xoves, 23 e o venres, 24 de maio, de 9:00 a 14:00, reclamación ante Xefatura Territorial (Anexo 3).

A dirección do centro remitirá o expediente á Xefatura territorial que emitirá resolución motivada e que se comunicará á dirección do centro para a súa aplicación e traslado á persoa interesada.

Contra a resolución da Xefatura Territorial, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

XOVES, 16 DE MAIO: DÍA NON LECTIVO DE CENTRO

Tal e como se informou o pasado 16 de xaneiro de 2024, á vista da publicación da Instrucción 10/2023, da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, na que se establecen os días 20 e 21 de maio para realizar as posibles reclamacións das cualificacións finais no segundo curso de bacharelato ou da decisión de titulación nesta etapa educativa, lembrámoslle que, en Consello Escolar de centro, aprobouse como día non lectivo o 16 de maio de 2024.

EN CONSECUENCIA, O XOVES 16 DE MAIO DE 2024 SERÁ DÍA NON LECTIVO NO IES MIRAFLORES

BOLSAS MEC

Lémbrase a todas as familias que o vindeiro día 10 de maio ás 15:00 horas remata o prazo de solicitude de bolsas da convocatoria xeral do MEC.

https://sede.educacion.gob.es

PROBAS ABAU 2024

DATAS, HORARIOS E LUGAR DOS EXAMES

Horario

Lugar de realización para o alumnado do IES Miraflores: Facultade de Economía e Empresa. Campus de Elviña (Coruña)

 

MATRÍCULA ORDINARIA ABAU 2024

O alumnado debe realizar a prematrícula no centro o xoves, 16 e o luns, 20 de maio nas quendas establecidas.

Tedes toda a información relacionada cas probas ABAU na páxina da CIUG

Acceso á aplicación Nerta, para realizar os trámites relacionados coa proba ABAU

Instrucións sobre o uso da aplicación

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A MATRÍCULA ABAU

Hai que facelo en dous pasos:

1 - Solicitar o título de Bacharelato

2 - Matricularse na ABAU

PASO 1: TÍTULO DE BACHARELATO

Impreso de pago de taxas: http://www.atriga.gal/es/tributos-da-comunidade-autonoma/taxas-e-prezos/confeccion-on-line-impresos

Ver modelo (Anexo 1)

Premer en Modelo A1: Autoliquidación de taxas

Iniciar taxa

Premer en candado aberto, primeira opción.

É posible realizar o pago online ou descargar o modelo para o pago presencial.

Impreso da solicitude de expedición do título de Bacharelato (Anexo 2)

Fotocopia DNI

Fotocopia do título de familia numerosa (de ser o caso)

PASO 2: MATRÍCULA ABAU

Xustificante de ter solicitada a expedición do título de Bacharelato (paso anterior)

Xustificante de pago de taxas da solicitude do título de Bacharelato (paso anterior)

Fotocopia DNI

Impreso de prematrícula ABAU 

Impreso de pago de taxas ABAU (serán de aplicación as exencións establecidas no artigo 12 do Decreto 98/2023, de 22 de xuño, referentes a Familia numerosa (Categoría Xeral e Categoría Especial), persoas con discapacidade (igual ou superior a 33%), vítimas de terrorismo ou de violencia de xénero e persoas beneficiarias da prestación do ingreso vital mínimo ou persoal das Universidades do Sistema Universitario Galego). Neste caso, precísase que se faga entrega tamén da fotocopia que acredite tales exencións.

Pago online: A través da aplicación NERTA (non precisa xustificante).

Pago presencial: A través dunha entidade bancaria co formulario de autoliquidación (tamén xerado en NERTA) entregando o xustificante de pago na secretaría do centro.

 

RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS DE MATRICULADOS/AS NA ABAU

O 23 de maio publicarase a listaxe de matriculados/as. O alumnado deberá revisar os seus datos e poderá interpoñer no centro reclamación ata as 14:00 horas dese día se detecta algún erro. A partir do 26 de maio, o alumnado poderá consultar en Nerta a súa matrícula na ABAU.

 

MATRÍCULA EXTRAORDINARIA PARA O ALUMNADO APROBADO TRAS A RECLAMACIÓN ANTE XEFATURA TERRITORIAL

Aquel alumnado que obteña resolución favorable da reclamación ás cualificacións de Bacharelato ante a Xefatura Territorial correspondente poderá matricularse, a través da aplicación Nerta, das 9:00 ás 14 horas do día seguinte á comunicación da resolución.      

PROGRAMA FAMILIAS INQUEDAS DA CONCELLERÍA DE SERVIZOS SOCIAIS E IGUALDADE

O Programa Familias Inquedas da concellería de Servizos Sociais e Igualdade do concello de Oleiros abre o prazo de inscrición para dous novos obradoiros:

Educa Bonito: dirixido a familias con fillos e fillas de 0 a 10 anos

Acompañando na adolescencia: dirixido a familias con fillas e fillos de 11 a 17 anos

NOVOS OBRADOIROS DO PROGRAMA FAMILIAS INQUEDAS - Concello de Oleiros - oleiros.org

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS ADMISIÓN ORDINARIA ALUMNADO 2024-2025

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES PROVISIONAIS DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO EN 1º E 2º ESO (por ser os postos escolares ofertados inferiores ao número de solicitudes de admisión): 25 DE ABRIL DE 2024

As familias poderán consultar dende o xoves, 25 de abril, ditas listaxes presencialmente no taboleiro de anuncios do centro ou por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado, sendo necesario para consultalas o certificado dixital ou Chave365.

Poderase formular reclamación a ditas listaxes provisionais no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación ante o Consello escolar. Estas reclamacións entenderanse estimadas ou desestimadas coa publicación da listaxe definitiva.

 

DATA DE PUBLICACIÓN DA LISTAXE DEFINITIVA DO ALUMNADO ADMITIDO E NON ADMITIDO: 15 DE MAIO DE 2024

As persoas interesadas poderán interpor recurso de alzada a ditas listaxes ante a persoa titular da xefatura territorial no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación. A resolución da persoa titular da xefatura territorial porá fin á vía administrativa e contra esta cabe interpor recurso potestativo de reposición ou recurso contencioso-administrativo.

VI CARREIRA DA LUZ IES MIRAFLORES. 26 DE ABRIL DE 2024 ÁS 20:00 HORAS

PREPARADOS/AS, LISTOS/AS... QUE VOLVE A CARREIRA DA LUZ!!

Para os/as que sodes novos/as no IES Miraflores, contarvos que a Carreira da luz é un proxecto, deseñado dende o centro no 2017, que pretende ser unha actividade deportiva, á vez que solidaria e de convivencia de toda a comunidade educativa, na que se involucre o maior número de persoas de todas as idades, e non só de Oleiros, senón tamén das localidades limítrofes.

Unha das máximas do IES Miraflores é educar en valores e inculcar boas prácticas como a participación en actividades deportivas e saudables, a cooperación ou a solidariedade con aquelas persoas que máis sofren de aí que, se hai a motivación de correr ou de colaborar, na medida das posibilidades de cada un/ha, por unha boa causa, sabendo que o teu esforzo vai contribuír a mellorar un pouco a vida das persoas, o éxito está garantido.

Nesta ocasión, a nosa colaboración irá para un proxecto en Malawi do que teredes toda a información en breve nesta web así que ide buscando participantes e colaboradores, calzando as vosas deportivas e vestindo a vosa camiseta solidaria que o venres, 26 de abril, ás 20:00 horas, levarase a cabo, no Polígono de Iñás, a VI edición da Carreira da luz!

Toda a información relativa á carreira pode consultarse no seguinte enlace

A inscrición pode realizarse no seguinte enlace. É importante recordar que é preciso subir un xustificante do ingreso bancario (fotografía ou pdf) 

É necesario iniciar sesión cunha conta de Gmail para poder recibir o certificado de inscrición. En caso contrario a inscrición será efectiva pero non recibirá o correo de confirmación.

XORNADA DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN SECUNDARIA E BACHARELATO

O próximo xoves, 14 de de marzo, celebrarase no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz a III Feira de Orientación académica e profesional do Concello de Oleiros, dirixida ao alumnado de Formación Profesional, Educación Secundaria e Bacharelato.

Trinta entidades, entre as que se atopan Universidades, centros de FP, escolas públicas e privadas de distinta índole (hostelería, finanzas, pilotos e azafatas, imaxe e son, artes gráficas, escolas de deseño…), academias de oposicións, Forzas Armadas e residencias universitarias,  entre outras, informarán durante todo o día sobre as diferentes alternativas académicas e profesionais a disposición do alumnado.

Durante a mañá, de 9:30 a 13:30 horas, uns 600 estudantes dos catro centros de ensinanza secundaria de Oleiros, acompañados por docentes e orientadores/as, visitarán a Feira en distintas quendas. Pola tarde, de 16:00 a 18.00 horas, o evento abrirá as súas portas a todo o público interesado.

Este encontro está organizado polo departamento de Ensino do Concello de Oleiros coa colaboración do Centro Municipal de Formación, as Casas da Mocidade e os departamentos de orientación dos catro centros públicos de ensinanza secundaria existentes no Concello de Oleiros: IES  Neira Vilas, IES María Casares, IES Miraflores e Colexio Hijas de Cristo Rey.

 

CHARLA SOBRE A PROBLEMÁTICA DAS NOVAS TECNOLOXÍAS E OS/AS ADOLESCENTES. MARTES 12 DE MARZO ÁS 18:30

Dentro das accións formativas e didácticas que leva a cabo a ANPA, o próximo martes 12 de marzo, ás 18:30 horas, terá lugar no salón de actos do IES Miraflores unha intervención da Garda Civil, dentro do marco do Plan Director que o antedito corpo leva a cabo na formación para pais/nais nos centros escolares.

A charla formativa centrarase na problemática das novas tecnoloxías e o alumnado adolescente (riscos, ciberacoso, estafas, videoxogos…).

Distribuir contido


by Dr. Radut