O alumnado de 1º da ESO do noso IES viaxou en dúas quendas diferentes, 1º ESO C/D do 4 ao 5 de maio e 1º ESO A/B do 11 ao 12 de maio, ao Courel grazas a formar parte dos Intercambios Territoriais do Proxecto Terra. A experiencia foi estupenda: estudamos a xeoloxía do Courel (e con ela a de Galicia!), camiñamos por un val glaciar (Val da Lucenza), visitamos varias aldeas típicas da zona e algún castro e sobre todo desfrutamos moito do contacto coa natureza. Rematamos a viaxe cun paseo en catamarán polo río Sil para coñecer a paisaxe do Ribeiro.
|
|||