Viaxe ao Parque Eólico de Sotavento

O pasado 28 de marzo de 2017,  o alumnado de 4º de ESO da materia de Bioloxía e xeoloxía e 2º de Bacharelato da materia de CTMA realizou, xunto coas profesoras Patricia Furelos Quintela,  Irene García Bernadal e Nieves Sampedro Fernández, unha viaxe didáctica ao Parque Eólico de Sotavento, situado en "A Serra da Loba", a 10 km ao sur de As Pontes de García Rodríguez, entre os termos municipais de Xermade (Lugo) e Monfero (A Coruña).

Durante a estancia no parque, e guiados/as en todo momento por un/unha monitor/a, realizaron, entre outras, as seguintes actividades:

- Visita á aula divulgativa, onde escoitaron unha charla sobre enerxías renovables e non renovables.

- Visita demostrativa a unha vivenda bioclimática, deseñada seguindo como criterios fundamentais, a sostentabilidade. o aforro e a eficiencia enerxética.

- Visita ao taller de enerxía, onde puideron observar de forma directa o funcionamento de aeroxeradores reais.

- Visita a un aeroxerador, onde puideron observar, dende a súa base, o seu interior.

O obxectivo desta viaxe  foi complementar os contidos do bloque 3 das programacións didácticas de Bioloxía e xeoloxía de 4º de ESO e CTMA de 2º de Bacharelato, así como chamar a atención ao noso alumnado sobre a necesidade de aforro  e eficiencia enerxética e o repecto polo medio ambiente.

 

AnexoTamaño
IMG-20170328-WA0001.jpg258.63 KB
20170328_135652.jpg1.62 MB
20170328_135543.jpg1.16 MB
20170328_135832.jpg1.28 MB
20170328_135841.jpg1.54 MB
20170328_135911.jpg1 MB
20170328_135750.jpg1.08 MB