CHARLA "CRIANZAS TRANS*FORMANDO A SOCIEDADE"

O próximo mércores, 29 de marzo, ás 19:00 hrs terá lugar no Salón de Actos do IES do Milladoiro a charla "Crianzas trans*formando a sociedade" ao coidado de Cristina Palacios, traballadora social e docente, presidenta de Arelas (asociación de familias de menores trans* de Galicia). Esta charla forma parte da iniciativa Escola de Pais.
 
 
Por qué unha Escola de Pais? A resposta é sinxela, os nosos fillos están vivindo a aventura máis importante da súa vida, medrar, e nos queremos acompañalos nesta aventura. Precisamos de toda a información posible para poder axudalos e, o máis importante, que cando chegue o momento de voar solos,dispoñan de todas as técnicas, recursos,..., para facelo de unha forma sa e respetuosa con toda a sociedade. Por isto estamos a realizar unha serie de charlas que nos poden axudar a entedelos mellor, a compartir experencias, comprender a sociedade na que lles toca medrar,...
O pasado mes iniciamos este ciclo de charlas co tema ADOLESCENCIA UNHA ASIGNATURA PENDENTE e neste mes CRIANZAS TRANS+FORMANDO A SOCIEDADE, estamos a traballar na próxima na que trataremos o tema do ocio nos adolescentes.