UN ALMORZO SAUDABLE

O mércores 20 de xaneiro un grupo de 4º de ESO realizou na cafetaría do centro un almorzo saudable. A actividade, ao coidado de Juan Fraga, profesor da materia de Bioloxía e Xeoloxía, fai realidade un dos obxectivos recollidos na programación do Departamento de Ciencias Naturais: o coñecemento e a concienciación sobre hábitos alimenticios saudables, en especial os almorzos.