O xoves 4 de decembro os alumnos dos Clubes de Lectura participaron nas actividades de inauguración da biblioteca do CEIP de Ventín, desenvolvendo as seguintes actividades:
Os alumnos de 1º ESO realizaron recomendacións das súas obras preferidas e leron fragmentos dalgúns contos traballados con Félix, profesor de lingua castelá.
O alumnos de 2º ESO centráronse en ler breves relatos míticos coa profesora Cristina Díaz.
Os alumnos de 3º ESO leron un conto de Sherlock Holmes preparado coa profesora de francés Ana Sofía Ardariz.
Os alumnos de 4º ESO B traballaron a lectura a varias voces dun libro de poemas-cancións en francés coa profesora Margarita Rodríguez.
Os alumnos de 4º ESO C realizaron a lectura de varios fragmentos de obras escollidas por eles e falaron da súa participación no club de lectura.
Grazas ao CEIP de Ventín e, en especial a Elvira, pola súa invitación e acollida.