Vota no Concurso Radiofónico de Teatro lido

Desde hoxe luns, 2 de decembro, xa se poden escoitar as pezas do alumnado do IES que participou no Concurso Radifofónico de Teatro lido na edición Desata a lingua, 2019. A partir de mañá, martes 3, e ata o domingo 8, pódese votar pola peza que máis vos guste enviando un correo a radioteatro@concellodeames.gal. As persoas que queiran votar deberán identificarse e só se computa un voto por persoa que se sumarán para outorgar un dos tres premios: o premio do público. Ademais deste, haberá dous premios escollidos polo xurado designado polo Concello de Ames: premio ao mellor guión orixinal e á mellor interpretación.

O alumnado do IES do Milladoiro que participou neste concurso é o que aparece no vídeo. Abaixo deixamos os enlaces ás súas pezas para que vos sexa doado escoitalas:

Enlaces para escoitar o grupos coas súas pezas

Os Cómicos: 8000 palabras

A Rebelión: Encontro inoportuno

Sacarina: Salvamento canino

Os Ventinianos: Un roubo case perfecto

Ponis Salvaxes: Ponis salvaxes

A Mesa: O reencontro

Mac: Amigas de verdade

 

Tamén podedes escoitar todas as pezas en Ames Radio, emite do 2 ao 5 de decembro, no 107.2 FM ás 13.30h e ás 21.30 horas.

Os premios daranse a coñecer e entregaranse nunha gala o 19 de decembro de 2019, á que asistirá todo o alumnado participante.