Lingua Galega
As linguas e a nosa
Enviado por maite o Lun, 03/10/2016 - 14:44Manuel Núñez Singala propón esta pregunta: o galego é unha lingua minoritaria?, dános pistas para pensar, e di: en todo caso ningunha lingua é peor ou mellor polo feito de que se fale máis ou menos.
Que che parece?
Beber soños coma quen bebe auga - AFP
Enviado por maite o Mér, 28/09/2016 - 13:39N´O segrel do Penedo, blog da biblioteca do IES de Fene, escoitamos a Agustín Fernández Paz falando sobre o proceso da escrita, ou como el di "o chispazo, como nace un libro".
The Homens
Enviado por maite o Xov, 22/09/2016 - 13:44Para escoitar: a canción Calamar do grupo THe homens
GHALEGHO, tamén en Marín
Enviado por maite o Xov, 22/09/2016 - 13:23Un vídeo gravado por mozas e mozos do concello de Dodro que paga a pena ver e, sobre todo, escoitar. Alí, como aquí tamén se fala con gheada e seseo. E están orghullos@s!
Supoño que vos soa a coñecido...! Comentaremos na aula.
Cultivos en socalcos
Enviado por maite o Mér, 11/03/2015 - 12:13Para que vexades que son os "socalcos" aquí vos poño unha foto de cultivos en socalcos na Ribeira Sacra, preto de Monforte de Lemos, provincia de Lugo.
Inmersión lingüística
O xoves, 29 de febreiro de 2012, fomos a un intercambio lingüístico con rapaces/as de Castro Caldelas (Ourense). Acompañáronnos o profe de Educación Física e a profe de lingua galega.
Primeiro visitamos o mosteiro de Montederramo, que está en restauración e tamén funciona como colexio de primaria, onde só quedan doce nenos.
En segundo lugar chegamos a Castro Caldelas, coñecemos os alumnos do CPI Virxe dos Remedios, cos que nos escribiramos cartas, e a súa profe de lingua galega. Con eles subimos ao Castelo, un lugar encantador, cunhas vistas impresionantes.
E, como non? Visitamos o noso exprofe Anxo, no CPI de Castro Caldelas.
Despois, como xa había fame, decidimos comer. Aínda que o camiño a pé á beira dun río foi un pouco longo, unha vez chegamos a un bonito merendeiro, todos coincidimos en que pagaba a pena andar un pouco. Alí descansamos e mesmo xogamos ao fútbol cos outros rapaces.
Por último, despedímonos na praza do lugar e, de volta, no autobús, viñemos cantando as dúas horas de camiño!
Xa estamos desexando que veñan eles aquí!
Carmiña -4ºA
ROSALÍA
Enviado por maite o Mér, 02/03/2011 - 14:11O pasado 24 de febreiro, coincidindo co aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, fixéronse no país numerosas lecturas da súa obra.